Nota de prensa
PROGRAMACIÓN CULTURA CONCELLO DE VIVEIRO
OUTUBRO:
Sábado 15: Teatro afeccionado a Adala. Borrando sombras. Buxiganga
Lugar: TPD
Hora: 20.30
Sinopse: Comedia nun só acto na que o autor pretende levarnos a nos afundir no teatro cómico-filosófico cunha provocativa combinación entre risas e pensamento. Obra de profunda raizame galega na que afloran as sombras que os nosos feitos debuxaron durante as nosas vidas a través de personases tipicamente galegos que todos somos capaces de identificar (o cura, a criada, …) Por moitos que os avances e o progreso se empeñen en borraren estas sombras da nosa vista, sempre quedará dentro de nós algo do que puido ser pero non foi.
A obrigada introspección nos momentos transcendentais fainos reflexionar para decatármonos de que os setimentos superan os valores materiais que nos cegaron para conseguilos.
Reflexo da retranca galega, de complicadas relacións familiares que se debaten entre o que é e o que debería ser e de problemas cos que facilmente identificamos a nosa cultura galega, con xiros inesperados que dotan a obra dun final con capacidade para sorprender e facer pensar nas voltas que pode chegar a dar a vida, chegando a ofrecer xustiza ente situación que se daban por perdidas.
Sábado 22: A Rebuldeira de Sarria.Comedia Bífida. Buxiganga
Lugar: TPD
Hora: 20.30
Comedia Bífida e unha peza en clave de comedia que ten como finalidade xuzgar a deslealtade lingüística dos galegos que non defenden a súa propia lingua e en definitiva …. cultura. Non e un alegato en defensa de aqueles que so se expresan na lingua de Galiza, senón unha crítica a aqueles que se avergoñan dela.
A obra discurre como un xuizo a celebrar no purgatorio onde San Pedro decidirá se os xuzgados deben ter abertas as portas do ceo ou si polo contrario deberán descender os infernos. Lucifer busca por todolos medios condenar os personaxes xuzgados e o abogado defensor San Xudas – patrón das causas perdidas
perdoalos, pero en realidade quen ven na súa representación é un arcanxo en comisión de servizos, un arcanxo ca firme intención de liberalos dos seus cargos. San Pedro, Lucifer, un archanxo, distintos anxos, e os personases xulgados en cuestión, forman o reparto desta peza moitas veces
representada e escrita polo lucense Manuel Nuñez Singala.
Sábado 29: Teatro do Atlántico. “Memoria de Helena e María”. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 20.30
Autor : Roberto Salgueiro
Dirección: Xúlio Lago
Adaptación: Xúlio Lago
Escenografía: Roberto Salgueiro
Deseño son: Xúlio Lago
Deseño iluminación: Xúlio Lago
Vestiario: Susa Porto
Música: Fran Pérez
Público: Adultos
Duración: 65 min
Clasificación :Teatro / Drama
Elenco artístico: HELENA……………………… LUCÍA REGUEIRO
MARÍA…………………………MARÍA BARCALA
Texto promocional: “Fora de Serie”. Así é. Atopámonos diante dun texto fora de serie, dándolle a ese enunciado un valor duplo, cando menos:
a) algo extraordinario, excepcional, moi bo
b) algo de difícil catalogación, clasificación, ou etiquetado
O texto de Salgueiro ha ser capaz de provocármonos milleiros de imáxenes por cada ducia de palabras. Item mais: esas palabras han vir acompañadas dunha intensa actividade procedente de todos os nosos sentidos e sen que poidamos evitalo imos ser invadidos por sensacións, impresións, emocións inevitábeis, e o odio, o medo, o amor, o desexo de vinganza, a soidade, ou sentimentos de inmensa felicidade ou de inmenso desamparo han transitar por dentro de nós, espectadores, nesta viaxe intensa e conmovedora que este grande dramaturgo galego nos propón e que comeza no 1937, na guerra civil española, nunha vila galega, e remata co século, logo de que teñamos acompañado ás personaxes ata A Coruña, Sevilla, Montevideo., Caracas, etcétera, para rematar nun lugar e nun espazo misterioso do que non é oportuno falar aquí, de igual maneira que naqueles filmes nos que a sorpresa do inesperado é fundamental para comprometer ao espectador no seguimento da acción.
NOVEMBRO:
Sábado 5: Teatro do Andamio. Area e agua. RGTA.
Lugar: TPD
Hora: 18.30
Obra/Espectáculo AREA E AUGA
Autor HECTOR PRESA
Adaptación Alvaro Guevara
Escenografía TATIANA LIKHACHEVA
Deseño son Nacho Martin
Deseño iluminación CARLOS CLEMENTE
Vestiario ANASTASIA GUEVARA
Música ANGEL MAHLER
Coreografía MECHA FERNÁNDEZ
Teatro / Comedia
Público Infantil 4 a 10 anos
Duración 55 min
Clasificación Teatro / Comedia
Elenco artístico GEMA ULLOA, CARMEN BLANCO, ALVARO GUEVARA, NACHO MARTIN
Texto promocional:
“Hai xente que bebe area, pero non porque lles guste, senon porque nunca probaron o auga”.
¿Qué contamos? O que lles pasa a catro persoas que viven a cada lado dunha parede e un día empezan a vincularse cos seus veciños.
¿Qué rescatamos? O valor de vencer o medo ás situacións novas e descoñecidas ás que nos enfrontamos a diario
Sábado 12: Lagarta Lagarta. Unha hora na vida de Stefan Zweig RGTA.
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 20.30
Autor Antonio Tabares
Dirección Rosa Álvarez
Adaptación Tradución: Avelino González e Olga Nogueira
Escenografía Ernesto Chao
Deseño iluminación Alfonso Parra
Vestiario Rosa Álvarez
Público Adultos
Clasificación Teatro / Drama
Duración 1h 40 min
Elenco artístico : Ernesto Chao, Belén Constenla, César Cambeiro
Texto promocional:
Este espectáculo vainos introducir nun día, nunha hora moi especial do matrimonio Zweig (Stefan e Lotte), que nos manterá en vilo sobre o que aconteceu en realidade na vida do gran escritor ou no que puido ter acontecido
O matrimonio Zweig toma unha gran determinación sobre a súa vida, calculada con meticulosidade, pero no seu fogar preséntase un estraño e inoportuno visitante que nos vai permitir afondar nos distintos posicionamentos deles ante a vida, a morte, os medos, o amor, o exilio, as guerras, o poder, a liberdade individual, a fuxida permanente dun mundo que horroriza……
Deixarán para nós as súas almas ó descuberto. UNHA HORA na que se pode dicir todo. Rosa Álvarez
Sábado 19: Santa Cecilia. Banda Municipal de Música de Viveiro.
Lugar: TPD
Hora: 21.00
DECEMBRO:
Sábado 3: EME2. O florido pénsil. RGTA.
Lugar: TPD
Hora: 20.30
Autor Andrés Sopeña
Dirección Fernando Bernués e Mireia Gabilondo
Adaptación Tanttaka
Escenografía Fernando Bernués
Deseño son Anxo Graña
Deseño iluminación Xabier Lozano
Vestiario Pepi Soroiz
Clasificación Teatro / Comedia
Duración 100 min
Público Adultos
Elenco artístico :Xosé Manuel Oliveira “Pico”, Antonio Durán “Morris”, Federico Pérez, Josito Porto, Alfonso Agra
Texto promocional O FLORIDO PÉNSIL
O florido pénsil, conta substancialmente as vicisitudes dun grupo de rapaces sometidos á absurda e ilóxica brutalidade do sistema educativo que dominou a España da posguerra. Os seus protagonistas descóbrennos un fresco no que se sucederán os escenarios da acción; en primeiro lugar a escola –centro de operacións fundamental para a propaganda do ideario fascista- e máis tarde, o resto das tribunas desde onde o réxime mandaba os seus sinais de apoio: o cinema de barrio, a radio familiar, a igrexa e a prensa, representada aquí polo aparentemente inofensivo Tebeo.
Sabado 10: Ghazafelhos. Frankenstein. RGTA.
Lugar: TPD
Hora: 18.00
Autor Pepablo Patinho
Dirección Pepablo Patinho
Adaptación Ghazafelhos
Escenografía Ghazafelhos-Leandro Lamas
Deseño son Jorge Casas
Vestiario Montse Piñón
Música Jorge Casas
Elenco artístico
Clasificación Teatro / Comedia
Duración 80 min
Público Infantil 5-99
Elenco artístico:
Pepablo Patinho: Fórmase na escola municipal de actores e actrices de Narón. Coofundador das compañías PicomPe, Teatro da Gavela e Ghazafelhos, traballa de actor, director, escenógrafo e dramaturgo dende 1995. Actualmente monitoriza distintos grupos de teatro amateur. Dirixe teatro afecionado , comunitario e profesional. Traballa como actor en distintas compañías; Ghazafelhos, PicomPe, A Gavela, Galitoon, Viravolta…
Montse Piñón: Fórmase na Escola municipal de actores e actrices de Narón. Traballou como actriz no Centro Dramático Galego; “Valdemuller” de Pablo Vegne, RTA; “Hamlet” de Lino Braxe, Teatro da Gavela ;”Etremés do Conde Alarcos” de Anxo García … Foi dirixida en distintas obras por Jose Prieto, Flor Maceiras, Javier Yagúe, Pepablo Patinho. Crea a compañía de teatro “Ghazafelhos” onde, ademáis de actriz, participa na dirección e textos das obras. Actualmente traballa de profesora de teatro, e nas compañías, teatro da Gavela, Picompe, Viravolta, Galitoon e Ghazafelhos.
Jorge Casas: Fórmase na ESAD de Asturias onde se integrou en distintas companías de teatro profesional (Teatro De Mente) e traballou en disciplinas como o teatro-danza, teatro con obxetos, clown, etc… e como actor en películas como “Diario de un Skin” entre outras. Actualmente é mestre de teatro e actor na compañía Ghazafelhos
Texto promocional:
Que pode agocharse tras un castelo escuro perdido no medio das montañas…? Quizais algo que non quere ser descuberto ou quizais algo que espera que o descubran…A Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío veranse inmersos nunha nova aventura aterradora nas entrañas dun castelo onde, nada é o que parece…
Ghazafelhos parte dun clásico como Fankenstein para profundizar nas diferencias que, as veces, nos fan sentir mal…
Venres 16: Abrapalabra. Memorias das Memorias dun neno labrego. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 20.30
Autor XOSÉ NEIRA VILAS
Dirección CÁNDIDO PAZÓ
Adaptación CÁNDIDO PAZÓ
Escenografía CARLOS ALONSO
Deseño iluminación AFONSO CASTRO
Vestiario CARLOS ALONSO
Música MANUEL RIVEIRO
Clasificación Teatro / Outros
Duración 85 min
Público Adulto
Elenco artístico :CÁNDIDO PAZÓ
Texto promocional:
En 1961 publicouse en Buenos Aires un dos libros máis sobranceiros da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propria ou herdada. Estamos perante unha importantísima celebración para a cultura galega: O 50 aniversario da 1ª edición das Memorias emorias dun neno labrego.
As “Memorias” deixaron en centos de miles de persoas un farturento pouso emotivo. A memoria dunha sociedade que nestes últimos 50 anos foi deixando de ser eminentemente rural para iniciar unha longa travesía cara a un universo urbano, nunha viaxe chea de interseccións e mestizaxes que explican a nosa moderna identidade. Un universo de antigos nenos labregos. Ou fillos, netos, bisnetos, tataranetos de nenos labregos. Habitantes das leiras de asfalto, ou das aldeas da memoria, que por moito que se laven sempre terán a alma lixada de terra
teatro contado ou conto teatralizado:Un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista. A estilización formal do teatro e a comunicación fresca e directa do monólogo cómico e a xograría oral, na senda de Darío Fo, El Brujo, Pepe Rubianes…
videocreación:Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións
música orixinal:Un espectáculo no que cada momento e cada situación ten a súa sonoridade da man dunha proposta musical composta para a ocasión.
Martes 27: Christyan Magic
Lugar: Teatro Pastor Díaz
Hora: 18.00
Obra/Espectáculo A Maxia do Nadal
Duración: 90 minutos.
Autor Chrystyan Magic
Dirección Chrystyan Magic
Adaptación Chrystyan Magic
Escenografía Chrystyan Magic
Deseño son Angel Modia
Deseño iluminación Angel Modia
Música Cristian Verdia
Rodeados de símbolos navideños
O Nadal é ilusión…. É maxia
Sorrisos
É buscar a inocencia do neno que levamos dentro
É facer realidade os nosos desexos
Mércores 28: Concerto fin da ano. Banda Municipal Música de Viveiro
Lugar: TPD
Hora: 20.30