Site icon Crónica3.com A Mariña

A LNB pide en Lourenzá unha rúa adicada ao Gardarríos


A LNB PLANTEXA UNHA RÚA EN LOURENZÁ ADICADA Ó GARDARRÍOS!!

xermán viluba-

O país enteiro viveu unha nova e intensa fin de semana na que as billardas limparon de teas de araña incluso a balcoada do Concello de Lourenzá donde a tribo do NorLeste da Liga Nacional de Billarda deixou claro o seu potencial , coa figura do Gardarríos , presidindo a praza do Cantón , a LNB realizou un impactante homenaxe a iste guerrilleiro cosido a tiros polas costas polo governo franquista no 1948 a moi poucos metros da pista de xogo. Alonxado dos clásicos homenaxes que as institucións realizan , as billardas falaron e falaron ben para esixir unha rúa en Lourenzá que leve o nome e perpetúe así a vida e obra dun rebelde chamado Lois Trigo “O Gardarríos”. Sexa como for a LNB en cada nova acción nista vila da Mariña levará a figura diste referencial fuxido sempre con ela . Despois de que máis de medio cento de palanadores e palanadoras nun espectacular ambiente de festa e deporte nacional desfrutaran dunha tarde máxica para dilucidar o gañador ou gañadora no Aberto puntuábel para competición regular , rematou a xornada no lusco e fusco de Lourenzá, para co Gardarríos de convidado de honra , entregar o espectacular e explusivo Pack de fabas autócotonas ó palanador galaico-brasileiro Guille dos Outros que unha vez máis amósouse coma un ser superior sobre todo o resto . Salientábel nista entrega de premios no Set-LNB a presenza de Rubén Sanchez, o ciclista LNB , aborixe de Lourenzá que xa está xa preparando intensamente a próxima tempada na élite diste duro deporte dos pedais e catalinas e non quixo perderse ista ocasión para unise á gran serpe multicor da LNB que coma el ben sabe, atravesa silveiros e valados a piñón fixo , suliñar a impresionante a ovación recibida por Rubén cando se anuciou a súa presenza na entrega de premios co que demostra a entrega e apoio de toda a tribo billardeira a iste corredor chamado a escaparse agora e sempre do abrasador control do pelotón. Unha vez máis , a imaxinación venceu niste brutal contexto de opresión manifesta cara calquer tipo de actividade fóra do ámbito institucional e pon riba da mesa unha aposta, a da LNB , que non lle treme o corpo á hora de vestir sobre o seu pelexo a gabardina tiroteada do Gardarríos ou de calquera outro loitador que coma nós , se aplique na dignificación do noso xeito de ser e sentir como coma pobo…Gardarríos Sempre , adiante co Varal!!

Exit mobile version