Site icon Crónica3.com A Mariña

A laranxa Claudia, galardoada co premio El Progreso ao Deportista lucense do ano

Nota de prensa:
A LARANXA CLAUDIA, GALARDOADA CO PREMIO EL PROGRESO AO DEPORTISTA LUCENSE DO ANO

A dedicación da ala-peche focega Claudia Rodríguez, capitá do CD Burela FS-Pescados Rubén, foi recoñecida no serán de onte co galardón El Progreso ao Deportista Lucense do Ano na disciplina de fútbol sala. O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, foi o encargado de facerlle entrega do premio á xogadora nunha gala no auditorio Gustavo Freire na cidade amurrallada, coa retransmisión de Telelugo.

Na sétima edición da devandita homenaxe, os lectores/as do xornal El Progreso escolleron os premiados/as en 32 especialidades deportivas, entre os candidatos/as previamente seleccionados por un xurado composto polos memos da sección de Deportes do periódico e xornalistas deportivos da cidade.

Xunto a Claudia tamén obtaban ao galardón o técnico laranxa, Javier Pardeiro, e o xogador do Benicarló Hugo Sánchez, ex do Azkar. E foi precisamente na categoría xeral onde tamén se impuxo o fútbol sala, co premio para Hugo Sánchez, que competía co nadador Mauro Rodríguez, o Club Deportivo Lugo, a atleta Alessandra Aguilar e o adestrador do Granada Club de Fútbol, Fabri González.

Exit mobile version