Site icon Crónica3.com A Mariña

A corporación de Foz aprobou por unanimidade tres mocións de UNIFOZ

NOTA DE PRENSA

AS MOCIÓNS PRESENTADAS POR UNIFOZ SON APROBADAS POR UNANIMIDADE DA CORPORACIÓN.

UNIFOZ, presentou hoxe no Pleno extraordinário tres mocións que foron aprobadas por unanimidade da Corporación, o que demostra o acerto e a necesidade das mesmas, así como a capacidade de diálogo e consenso de UNIFOZ.

UNIFOZ, demostra unha vez mais a súa forma de facer política dende a oposición, con propostas recollidas dos veciños.

-Moción para pedir a Xunta de Galicia, a posta en marcha dun plan integral no que se contemple a urxente limpeza do cauce e paseos laterais no Río Ouro .

-Moción para pedir a Deputación Provincial a realización e execución dun proxecto para dotar a estrada da Espiñeira–Vilaronte de servizos que melloren a seguridade vial para os veciños.

-Moción para consultar coa Deputación o cambio de finalidade da axuda de 35.000 €, que estaba destinada para proxecto da Residencia de Maiores, para adicalos a reforzar a axuda no fogar no noso Concello, así como pedir a Xunta de Galicia se inclua no orzamento do 2012 unha partida para adxudicar proxecto e obra da Residencia de Maiores-Centro de Día para Foz.

No apartado de ROGOS e PREGUNTAS.

UNIFOZ, fixo os seguinte rogos:

-Que se dote a Casa da Cultura, Centro Social, e Cenima dun estacionamento para discapacitados.

UNIFOZ, fixo as seguintes preguntas:

-Partidas, cantidades, conceptos incluídos no orzamento do ano 2012 da Xunta de Galicia para Foz, ao que se nos contesta que se espera a inclusión de proxectos , pero sen definir nada máis polo Sr. Alcalde.

-Que xestións se fixeron para dotar ao nosso pobo, desas instalacións portuarias prometidas polo PP de Foz, ao que se nos contesta, que se contratará un estudo de impacto ambiental.

-Coñece o Sr Alcalde, cando a Conselleira de Sanidade recibirá os representantes de esta Corporación segundo acordo plenario do mes de agosto, ao que se nos contesta que non ten data nen sabe se a haberá.

O Grupo MUnicipal UNIFOZ practicará unha oposición responsable e rexeita as formas agresivas e insultantes por un tipo de oposición máis dirixida ao diálogo, consenso e preocupación directa dos problemas dos veciños de Foz.

Exit mobile version