Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de veciños O Tesón de Ribadeo continúa o ciclo de charlas adicadas a saúde

Nota de prensa
AVV O Tesón

Ribadeo, 20111016

Este venres 14 de outubro tivo lugar na Casa das Letras a segunda charla do ciclo Ribadeo e … a saúde, organizadas pola AVV O Tesón. Nela, chiquinquirá Dorado, kirá, falou da saúde nos cambios de estación, desenvoltando pautas de conduta saudable a traverso das liñas básicas de coidado corporal e vital. Explicou que os eixes desa conduta pasan por un equilibrio que ten en conta a respiración e o estado anímico, así como a alimentación e a relación entre as diversas partes do corpo, facendo fincapé final nas leis de Paracelso e o propio coñecemento.

A próxima charla terá lugar la Casa das Letras de Ribadeo o próximo venres 21 ás 20:30 horas, e terá por protagonista á Dra. Carmen Pérez Bustelo, que falará sobre a medicina académica en Ribadeo hoxe. Unha volta realizada esta charla, quedará para o último ver¡nres do mes a intervención de Mª Mar González Méndez, ATS do centro de Saúde.

A asociación veciñal manifesta semade que está a preparar a excursión de outono que ten prevista para o o día 29 de outubro, sábado, e que terá por destino a visita a S. Martiño de Mondoñedo, que será guiada e que se complementará con visita a outros lugares próximos e unha comida. A xente que desexe participar poderá apuntarse na próxima charla ou poñéndose en contacto con algún dos directivos da asociación.

Exit mobile version