Site icon Crónica3.com A Mariña

XuvenAlfoz en Marcha organiza para unha xornada aberta de paintball

XuvenAlfoz en Marcha organiza para  unha xornada de paintball

Nota de prensa

Xornada de Paintball en Alfoz
Xuvenalfoz en Marcha organiza para o vindeiro domingo día 18 de setembro unha xornada de paintball no municipio de Alfoz. Poderá participar nesta actividade calquera persoa que o desexe, tan só hai que apuntarse antes do próximo xoves día 15 de setembro. O lugar escollido nesta ocasión é o terreo que se encontra ao lado do campo de fútbol municipal de Alfoz, onde serán instalados varios obstáculos e material necesario para facer que ese día sexa o máis divertido posible. Esta previsto que esta guerra ficticia de pintura comece durante a mañá e se prolongue durante a tarde.
A inscrición para esta actividade inclúe toda a equipación necesaria, o seguro de responsabilidade civil e ademais unha comida que realizarán todos os participantes xuntos nun momento de descanso da actividade. O prezo da inscrición é de 20 euros por persoa.
Para anotarse hai que facelo en Electrodomésticos Alvárez, en Vilaúde (Alfoz) ou ben, chamar ao 982571250 para obter máis información sobre esta xornada de paintball.
Unha vez máis, Xuvenalfoz en Marcha pon ó alcance de moitas persoas a posibilidade de realizar actividades ao aire libre e de poder aproveitar os recursos naturais do municipio para o disfrute de deportes que fomentan a unión de persoas de varias xeracións de idade de diferentes puntos da comarca de A Mariña.

Exit mobile version