Inaugurouse a exposición “Todo Mar, siempre el mar” do pintor Urbano García e na que colabora a concellería de Cultura do Concello de Cervo. A mostra componse dunha vintena de óleos co mar como fío condutor e estará aberta ata o vindeiro 15 de setembro na casa da Cultura de San Cibrao en horario de 10.00 a 13,30 h e de 17.00 a 20 h.
