E curioso o tema da sanidade no concello de Foz. Resulta rechamante ver como todos os políticos, de un e outro cor, prometeron melloras sanitarias para o noso concello. Promesas que incumpriron cando chegaron o goberno.
Chama a atención ver estes días a Ismael Rego solicitar o mantemento da ambulancia e mesmo melloras nas urxencias de Foz, cando na lexislatura anterior co seu voto impediu que o Parlamento Galego aprobara un PAC para Foz.
Tamén temos que aguantar de Balseiro que agora apoie os actuais recortes, cando na lexislatura anterior presentaba mocións no Parlamento de Galicia pedindo un PAC ou as urxencias 24 horas para o Centro de Saúde de Foz.
E como estes dous exemplos bastantes mais. Os políticos no tema sanitario de Foz demostran ter pouca memoria e pouca vergoña política. Non dubidan en usar este tema co fin de acadar uns votos, aínda que para iso teñan que enganar os veciños. Que triste.
No referente as urxencias médicas de Foz os membros da Comisión Focega e os veciños que os apoian son dos poucos que sempre mantiveron a mesma postura. Unha postura coherente en defensa dos interese de Foz.
Agora anuncian que van retirar a ambulancia do 061 da quenda de noite de Foz, e tamén que van substituír o medico de urxencias que temos nas tardes por médicos de cupo. Ante estes feitos o alcalde de Foz durante estes días manifestou en radio e na prensa escrita que: Comparte a decisión e que se trata de optimizar recursos, que o servizo non sufrira ningún prexuízo, que os servizos vas ser os mesmos, que non se están a reducir os servizos sanitarios.
Respecto os temas da retirada da ambulancia e da substitución do medico de urxencias das tardes do Centro de Saúde de Foz, eu quero facer os seguintes comentarios:
Non fai falla ser un gran matemático, nin ter estudado unha carreira como a do señor alcalde de Foz, para se dar conta de que se antes estaban a ambulancia medicalizada e a ambulancia do 061 e agora vai quedar só unha, o servizo non vai ser o mesmo e vaise ver reducido.
A ambulancia de urxencias na quenda de noite fai un servizo por si mesmo, o marxe do número de traslados que realice. E ninguén pode asegurar que non se vaia necesitar a súa presenza cando a ambulancia medicalizada estea a realizar un servizo fora de Foz. Tampouco se pode asegurar que non vaia ter lugar un accidente múltiple onde se precisen máis dunha ambulancia.
A substitución do medico de urxencias de pola tarde por médicos de cupo causa un prexuízo ás urxencias médicas de Foz. Os médicos de cupo teñen os seus pacientes con horas xa programadas, e a presenza de pacientes urxentes fai que aumente o número de asistencias que terán que atender. Por outro lado que o mesmo médico atenda os pacientes de cupo e os de urxencias vai crear dificultades de organización, pois uns van ter unha cita e outros van ter unha urxencia que atender.
O alcalde de Foz non está a defender os intereses do veciños neste tema. Esta a defender os intereses do seu partido por encima do seu pobo, o que é unha pena. Si tanto interese ten en aforrar recursos xa pode ir apagando algunha das miles de luces que aluman de noite todos os recunchos do noso pobo, ou calquera outro gasto superfluo. Pero a sanidade e algo no que non se debe de centrar o esforzo aforrador. Non hai nada máis importante que a Saúde, e o que non o saiba, xa o saberá.
O Fareiro de Foz