Nota de prensa
MÁIS DE 3.000 RACIÓNS SE SERVIRÁN NA PRIMEIRA XORNADA GASTRONÓMICA DO PEIXE DE BURELA, QUE SE DESENVOLVERÁ O VINDEIRO SÁBADO NA NAVE DE REDES.
O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, dixo que “hai un obxectivo común entre os axentes sociais e o propio Concello que é espallar as nosas actuacións por fóra para darnos a coñecer máis. É bó que os cidadáns de Lugo capital e da súa comarca coñezan que o vindeiro sábado haberá unha festa degustación de productos de primeira calidade e frescos, gracias á iniciativa que no seu día deseñou a cofraría de pescadores de Burela”.
Barcia agradeceu “a colaboración de Absa, xa que o que aquí e o sábado se vai degustar foi subastado nas instalacións de Absa. Lembrar que no 2010 a súa facturación estivo nos 65 millóns de euros, é unha empresa que está saneada e para calquera actuación que se lle pide a súa colaboración aí está”.
O rexedor engadiu que “os obxectivos da xornada do sábado pasan por promocionar Burela, o peixe de Burela e tamén a Mariña, porque de todos é sabido que o noso porto é un dos motores económicos fundamentais da nosa comarca. Non é malo que aunamos esforzos entre administracións, entes ou organizacións económicas e sociais. Espero e confío que o sábado esta xornada colleite un éxito igual que a festa do bonito. Burela é un polo importantísimo de cara ao desenvolvemento económico da comarca, da provincia e referente nalgúns casos para o conxunto da propia comunidade autónoma”. González Barcia tamén tivo palabras de agradecemento para a cofraría de pescadores de Burela e para Xunta de Galicia, “onde hai interés porque o sector pesqueiro sexa cada día máis puxante”.
Basilio Otero, o patrón maior da cofraría de pescadores de Burela, explicou que “a iniciativa non foi da propia cofraría, senón que saiu dos propios armadores en conversas iniciadas con eles o ano pasado, para que a xente coñeza como sabe o peixe que se vende en Burela; despois contactamos como Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal e así puxemos en marcha esta primera xornada”.
Otero recalcou que “non será necesario escollelos produtos, non levarán espiñas… queremos convencer á xente que o mellor peixe non ven de fora senón que é o que vendemos nós en Burela”. O prezo da ración será de 7,50 euros si os tickets se adquiren o mesmo día ou de 6,50 si se collen anticipadamente na cofraría de pescadores ou no restaurante Palacio de Cristal”.
O presidente da cofraría de pescadores agradecéulle ao Concello de Burela a súa colaboración, “a Absa, que é quen nos aporta o pexie e fai que Burela sexa un referente polas súas vendas e os seus prezos, e á OPP 7 de Lugo, que se implicou con nós para levar adiante esta iniciativa. Empecemos por unha vez a diferenciar o que se vende de aquí, cando temos bó produto e unha boa materia prima non fai falla disfrazalos. O peixe saiu do mar para o barco, de alí para Absa e de Absa para a pota e da pota para a mesa co que máis fresco imposible. Vai ser unha xornada importante no noso pobo de Burela”.