Este venres, ás 20,30, na Casa das letras, preséntase o libro “A novísima dereita e nós. O bienio gris toupa”, de Manolo M. Barreiro. 2.0 Editora, organizado pola A. C. Francisco Lanza. De seguro imos escoitar unha interesante análise da situación política que vivimos. Manolo M. Barreiro é un analista político que leva moito tempo dándonos a coñecer as súas análises da situación política galega a través de distintos medios e do seu propio blog http://dpaso.blogspot.com Actualmente, Manolo M. Barreiro colabora coa edición galega de El País.
