Site icon Crónica3.com A Mariña

Para o PSOE de Cervo “o único culpable da sanción ao concello é o alcalde”

Nota de prensa:
O ÚNICO CULPABLE DA SANCIÓN Ó CONCELLO DE CERVO É O NOSO ALCALDE POR NON EVITAR UN PERIGO DO QUE FOI ALERTADO EN VARIAS OCASIÓNS

-O Concello colocou varios puntos de luz nun vial provincial como non debía, pois “contaba cun permiso no que figuraba a obrigación dun espazo entre os indicadores e a estrada para garantir a seguridade dos viandantes”

-Os socialistas subliñan que “Villares é o alcalde de tódolos cervenses pero non está por riba da lei. A Deputación avisou do perigo varias veces e non recibiu resposta. Agora a súa neglixencia témola que pagar todos”

-O organismo provincial non pode ofrecer máis facilidades e o Sr. Villares só se adica a poñer trabas cando se intenta levar algo adiante. Parece estar ben claro quen é o que busca o enfrontamento entre institucións”.

CERVO, 27 DE SETEMBRO. O Grupo Municipal Socialista asegura que a sanción interposta ó Concello pola Deputación de Lugo é consecuencia, únicamente, da ineptitude do rexedor, Alfonso Villares. “É o alcalde de tódolos cervenses pero non está por riba da lei. Ten a gran responsabilidade de xestionar os intereses e necesidades dos veciños correctamente e unha neglixencia súa témola que pagar todos. Dóenos que se sancione ó Concello con 20.000 euros, pero todo isto é culpa da súa desidia e incompetencia”.

Ante esta situación, os socialistas sinalan que Villares minte cando di que se lles está sancionando por algo que lles era alleo. “Foi el mesmo quen solicitou o permiso necesario para situar nunha estrada de titularidade provincial varios puntos de luz. Licenza que lle foi concedida de xeito inmediato e na que xa figuraba a obriga de que cada poste debía estar afincado a unha determinada distancia da estrada, garantindo así a seguridade dos viandantes. O señor Villares fixo caso omiso a este punto e os indicadores acabaron situados de xeito irresponsable”

O GMS lembrou que “dende o organismo provincial alertouse varias veces do perigo para os veciños. Técnicos da Deputación alertaron do asunto en tres ocasións, despois de meses sen reposta, deuse o primeiro aviso en novembro e en xaneiro abriuse o expedente sancionador con dous períodos de alegacións para rectificar e anular o proceso. Dende o Concello non se recibiu resposta ningunha e agora o infractor culpa ó outro organismo do sucedido. É o mesmo que se un conductor que circula pola autovía a 150 quilómetros por hora e é multado pola Garda Civil, lles bota a culpa ós gardas, pois non, a culpa será do infractor por non acatar as normas, e neste caso, o infractor foi o noso rexedor”.

Os socialistas engadiron que “a administración provincial non pode ofrecer máis facilidades, actitude que Villares non comparte, pois só se adica a poñer trabas cando se intenta levar algo adiante. Parece estar ben claro quen é o que busca o enfrontamento entre institucións”.

Exit mobile version