Site icon Crónica3.com A Mariña

Os únicos puntos da orde do día do próximo pleno de Alfoz son sete iniciativas dos nacionalistas, asegura o BNG

NOTA DE PRENSA

“As únicas iniciativas para o pleno de Alfoz son as propostas do Bng”

Maña venres día 23 de setembro celébrase pleno ordinario no concello de Alfoz, os únicos puntos da orde do día son sete iniciativas do Bng que presentamos a traves de mocións.

“Unha clara mostra do traballo que o Bng está a facer en Alfoz”, concello no que só se celebran plenos ordinarios cada 2 meses, tempo no que os únicos en presentar propostas e iniciativas fomos o Bng.

As mocións que presentamos ó pleno son:

Moción para que se ancheen as pontes de Bao e Santa Mariña.

Moción para que se sinalicen todos os barrios e lugares do concello.

Moción para que se adapte a altura do tendito eléctrico as estradas.

Moción para que se solucione a problemática existente con transporte escolar.

Moción para que se realicen melloras no salón de actos do centro social.

Moción para que se realice un convenio para a limpeza e acondicionamento do Ouro.

Moción para que se cree un emisora de radio.

A cantidade de iniciativas e solucións que aportamos para moitas problemáticas son froito do noso traballo diario, e da forte implicación social que temos cos veciños de Alfoz, problemas que en moitos casos nin se decatou o alcalde que cobra para iso, polo que non está desempeñando o seu traballo como debe.

“Que os únicos puntos a tratar sexan as propostas do Bng e unha mostra clara de cal é o partido que está a traballar en Alfoz”

Exit mobile version