Site icon Crónica3.com A Mariña

O tenente de alcalde de Viveiro busca unha solución ao problema de malos olores en Area

Nota de prensa

CONCELLO DE VIVEIRO
ÁREA DE OBRAS, CULTURA E TURISMO
CONCELLERÍA DE OBRAS, SERVIZOS PÚBLICOS E MAR
NOTA DE PRENSA
Bernardo Fraga, Tenente de Alcalde do Concello de Viveiro, reuniuse onte venres coas veciñas
e veciños promotores da denuncia pública realizada pola existencia de malos olores na zona
de Area.
Bernardo Fraga, informou ás veciñas e veciños, da investigación realizada nos últimos quince
días, pola empresa adxudicataria do servizo de augas e saneamento do Concello de Viveiro,
Aquagest. O informe da empresa, determina tal e como se puido comprobar “in situ” e así
manifestaron os propietarios afectados, que os olores existentes se producen no interior das
vivendas e local comercial e non na vía pública como nun principio se estimaba.
O análise da instalación de saneamento na zona de area, determinou que os olores existentes
nun principio, son os habituais na rede de saneamento de xeito diario, e que se incrementan na
época estival debido ao aumento da poboación nas zonas de Area, Brieiro, Faro e Aldea.
Tódolos factores estudados indican que a aparición de olores no interior das vivendas estarían
provocados pola carencia de arquetas sifónicas nas instalacións particulares dos afectados, e
polo tanto, serán os propietarios os que se terán que facer cargo da corrección das instalacións
e así solucionar o problema existente.
Bernardo Fraga, de acordo cos técnicos da empresa adxudicataria do servizo e coas veciñas e
veciños, acordou comezar por realizar unha arqueta sifónica nunha das vivendas afectadas para
comprobar que deste xeito se lle da solución ao mal olor existente. Unha vez comprobado que
desaparecen os olores, tanto ese propietario coma os demais, se farán cargo de abonar a
renovación dos seus entronques particulares, para deste xeito obter a solución definitiva.
As veciñas e veciños de Brieiro, xa dispoñen de alumeado público nos puntos de luz nos que se
atopaban averiados.
Na noite do xoves, as veciñas e veciños do Brieiro, puideron comprobar que xa se atopaban en
funcionamento os puntos de luz avariados nas últimas semanas. Logo de recibir o aviso fai 15
días, e seguindo estrictamente o orde de chegada de avisos de averías no alumeado público das
distintas parroquias do Concello, repararonse todos aqueles que se atopaban averiados na zona
do Brieiro

Exit mobile version