Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE pregunta no Parlamento polo peche do colexio Rivea Casas e a construción da praza dos Campos en San Cibrao, informa o PP

Nota de prensa

“Parece que os socialistas son os únicos que non se dan por enterados de que os veciños están encantados coa nova praza” –afirma Balseiro– tras dar a coñecer que o PSOE rexistrou unha pregunta no pleno do Parlamento

OS POPULARES CONSIDERAN ABSURDO E EXTEMPORÁNEO QUE O PSOE PREGUNTE MESES DESPOIS SOBRE O PECHE DO COLEXIO RIVERA CASÁS E A CONSTRUCIÓN DA PRAZA DOS CAMPOS

Lamentan que o PSOE pretenda reabrir debates anticuados e caducos e acusa aos socialistas de estar obsesionados por xerar polémicas e crear crispacións innecesarias.

Santiago, 10 de setembro de 2011.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro cualificou de “totalmente absurdo, extemporáneo e falto de toda lóxica” que os socialistas galegos, meses despois, inclúan unha pregunta parlamentaria para o seu debate no vindeiro pleno da Cámara galega en relación co peche do colexio Rivera Casás de San Ciprián e a construción no espazo que ocupaba este centro da nova Praza dos Campos.

Os populares lamentan que no PSOE “sigan dando as costas aos veciños deste pobo”, que elección tras elección ratificaron o seu apoio ao proxecto de construción da nova praza e de integración nun só centro dos dous colexios que ata o momento existían na localidade. “Parece que os socialistas son os únicos que non se dan por enterados de que os veciños están encantados coa nova praza, contentos pola recuperación deste espazo céntrico e cen  por cen público e libre de edificacións. Parece mentira que no PSOE sigan obsesionados en xerar polémicas innecesarias”.

Jose Manuel Balseiro tamén considera como extemporáneo o debate que, agora, pretenden reabrir os socialistas coa presentación desta iniciativa por parte do deputado do PSOE Isamel Rego e coa súa inclusión na orde do día do vindeiro Pleno do Parlamento de Galicia. “Supoño que no PSOE traballaron pouco este verán e non teñen iniciativas novas e máis actuais que presentar no Parlamento, polo que están obrigados a rescatar preguntas vellas e caducadas”.

O parlamentario popular esixe aos socialistas que “dunha vez por todas escoiten aos veciños de San Ciprián, e respeten o que a maioría deles decidiu. Pídelles tamén que deixen de buscar a crispación e a división. Ademais Jose Manuel Balseiro lémbralles aos do PSOE que esta estratexia deulles moi mal resultado á luz do acotencido nas eleccións municipais, onde os socialistas perderon preto de 300 votos e o BNG case 130 máis, o que supuxo que o PP acadara o 60% do electorado”.

Jose Manuel Balseiro considera inexplicable que o PSOE bote continuamente pedras contra o seu propio tellado, pois parece que lles molesta que en San Ciprián cheguen novos investimentos, que como no caso da praza dos Campos non  supuxeron ningún gasto para as arcas municipais, ou que estamos construíndo co apoio da Xunta unha nova residencia para persoas maiores na Veiga, cun espazo moi superior e con moitas mellores características das que obteríamos se tiveramos  aproveitado o edificio do vello colexio.

Exit mobile version