Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE pregunta ao goberno da Xunta cando poderán desfrutar do centro de día os veciños de Lourenzá

Nota de prensa

Anuncia que rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica

ISMAEL REGO ESIXE EXPLICACIÓNS AO GOBERNO DE FEIJOO POR MANTER PECHADO O CENTRO DE DIA DE LOURENZÁ EN LUGO

-O deputado do Grupo Socialista Ismael Rego reclama saber para cando ten previsto o Goberno a posta a disposición dos cidadáns de Lourenzá este equipamento social ao que teñen dereito

Santiago, 22 de setembro de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego anunciou hoxe que rexistrou diversas iniciativas parlamentarias nas que reclama explicacións ao Goberno de Feijoo polo peche do Centro de Día no concello lucense de Lourenzá.

O deputado socialista sinala que o Goberno de Feijoo programou a construcción dun centro de Día neste municipio, para dar resposta ao estado de necesidade existente neste tipo de equipamento.

Rego advirte “da sorpresa coa que se atoparon os cidadáns da zona e os demandantes deste servicio, xa que despois de estar rematadas as obras segue pechado sen recibir ningunha explicación que xustifique esta situación”.

Por iso o parlamentario socialista quere coñecer cal é razón da non posta en servicio deste Centro de Día meses despois de estar rematado, e tamén quere coñecer a que responden os reiterados anuncios de distintos persoeiros do PP sobre a apertura de dito Centro, e que nunca se cumpren.

Por ultimo reclama saber para cando ten previsto o Goberno a posta a disposición dos cidadáns de Lourenzá este equipamento social ao que teñen dereito.

Exit mobile version