Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz ve malestar co peche da biblioteca municipal polas tardes e alegrase de que o ciclo superior de cociña conte con 21 matriculas

Nota de prensa

Dende a Executiva local do Psoe queremos manifestar a nosa alegría ó ver con datos como o Ciclo superior de cociña xa conta con 21 matriculados, vimos a decir esto para que a xente entenda porque no seu momento cando o PP de Galicia co Sr. Feijoo á cabeza quería sacalo dun plumazo do I.E.S de Foz se produxo nese momento unha importante protesta.
Esto ven a demostrar o que o PsdeG PSOE de Foz defendeu sempre, que en educacón non pode haver recortes, a educación é a mellor cidade da cultura, é o futuro dos nosos fillos. Temos que recriminarlle o PP que no seu momento sin esperar a que houbera unha preinscripción decidira retiralo sin esperar o mais mínimo, e temos ó contario, agradecerlle e felicitar ó equipo directivo do I.E.S de Foz e a todas as persoas que co seu traballo e a sua loita conseguiron que o PP dera marcha atrais na sua decisión.

Tamén dende a Executiva local do PsdeG PSOE de Foz temos que denunciar o malestar que esta causando entre a poboación de Foz a labor que esta desenrolando o Alcalde do noso Concello , cerrando a Biblioteca Municipal durante todas as tardes deste últimos días, xustamente coincidindo co comenzo do curso escolar,temos que decir que esto nunca anteriormente ocurrira, e temos que decir que o único responsable desto é o Sr Alcalde, hai que organizar e saber organizar os empleados municipais e seguro que sería todo mais facil, esto que está acontecer ahora coa Biblioteca Municipal, xa pasou o mes pasado na Casa da Xuventude,non entendemos nos, nin os veciños como pode estar sucedendo esto, creemos que se deben adoptar solucións e non pechar lugares públicos os cales temos dereito a acudir todos, porque tamén pagamos os impostos,non sabemos si tamén fixeron un estudio da xente que acude a estos lugares e decidiron recortar servicios igual que na sanidade pero sería importante que deran a correspondente explicación.

Exit mobile version