Nota de prensa
OS SOCIALISTAS DE CERVO SOLICITARON Ó CONCELLO MELLORAR A SEGURIDADE NA PRAZA DOS CAMPOS ACOTANDO A ZONA DEPORTIVA
-Subliñan que “os rapaces que xogan con balóns poden levar un susto, sen culpa ningunha, lastimando ós máis pequenos ou ós usuarios da área de descanso e das terrazas”
-Destacan que “facendo agora as xestións adecuadas podemos evitar problemas maiores nun futuro”
CERVO, 9 DE SETEMBRO. O Grupo Municipal Socialista vén de solicitar ó Concello de Cervo que se fagan as xestións oportunas para mellorar a seguridade de tódolos usuarios da Praza dos Campos.
Dende o GMS de Cervo sinalan que “esta praza acolle distintas zonas para diversos usos, a área de xogo infantil, a zona de actividades deportivas para os máis mozos, unha zona descanso e outra destinada ás terrazas dos establecementos hosteleiros situados ó redor. É certo que a mestura de diversas actividades pode causar problemas e incomodidades. Sobre todo se pensamos en que a zona deportiva non está acotada”.
Os socialistas aseguran que “sen culpa ningunha os rapaces que xogan nesta área con balóns, que para eso é, poden levar un susto sen necesidade, lastimando ós máis pequenos ou a usuarios que estén disfrutando da área de descanso ou das terrazas das cafeterías”.
E engaden que “despois de escoitar reiteradamente as queixas dos veciños e usuarios da praza, decidimos solicitar ó Concello que se limite dalgunha maneira a zona deportiva do resto das áreas. Así, poderemos mellorar a seguridade de tódolos usuarios e evitaremos ter que lamentar problemas maiores nun futuro”.