Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE advirte que nos medios de comunicación non apareceu a resposta do conselleiro de Educación sobre a demolición do complexo educativo para a Praza dos Campos en San Cibrao

Nota de prensa

ISMAEL REGO LEMBRA QUE A PREGUNTA PARLAMENTARIA SOBRE O COMPLEXO EDUCATIVO DE CERVO FOI RESPOSTADA POLO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN

-O deputado do Grupo Socialista Ismael Rego amosou hoxe a súa sorpresa pola resposta mediatica publicada nos medios de comunicación, xa que advirte que non aparece para nada sobre a resposta dada polo Conselleiro de Educación en sede parlamentaria

Santiago, 15 de setembro de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego lembra que a pregunta parlamentaria sobre a xustificación do executivo galego da demolición do complexo educativo publico perfectamente equipado, na Praza dos Campos en San Cibrao, foi respostada polo Conselleiro de Educación no Pleno do Parlamento.

O deputado socialista amosou hoxe a súa sorpresa pola resposta mediatica publicada nos medios de comunicación, xa que advirte que non aparece para nada a resposta dada polo Conselleiro de Educación. Por iso amosa a súa estrañeza de que o faga un representante do PP “quen nin sequera participou no debate,e terxiversando totalmente o debate producido na cámara”.

Xa que denuncia que o Conselleiro “foi incapaz, e non tentou sequera xustificar o despilfarro de recursos que supón a demolición de patrimonio publico educativo”, e mentres afirma que o Goberno de Feijoo “están producindo fortes recortes de medios materiais e humanos en todo o ensino publico de Galicia limitándose a afirmar que as necesidades de prazas educativas estaban cubertas a día de hoxe en San Cibrao”, resumiu.

Según Rego o Conselleiro de Educación deixou sen contestar a pregunta sobre da posibilidade de que o centro hoxe demolido se tiveran trasladado servicios ou equipamentos educativos de caracter comarcal, ou mesmo terse aproveitado para outros equipamentos socias para os que neste momento se esta construíndo outro inmoble cun custo de perto de dous millóns de euros

Exit mobile version