Nota se prensa
Preto de 200 profesores analizaron onte co conselleiro de Educación o inicio do curso escolar
Lugo, a 7 de setembro de 2011.- O Partido Popular de Lugo promoveu onte, dentro dos foros abertos de educación, un encontro entre Jesús Vázquez, conselleiro de Educación, e preto de 200 profesores.
A iniciativa enmárcase dentro do programa de reunións periódicas que o PP organiza entre os profesionais da educación e os responsables da Consellería de Educación para tentar garantir que unha e outra parte manteñan unha relación o máis directa e fluida posible, de tal xeito que o profesorado sexa coñecedor das accións que en materia educativa ten en marcha ou prevé levar a cabo a administración autonómica e, por outra banda, que a propia consellería teña constancia das inquedanzas ou dos problemas ós que se enfronta este colectivo.
O inicio do curso escolar foi o tema que centralizou a xuntanza de onte na que participaron, ademais do conselleiro, o secretario xeral dos populares lucenses José Manuel Balseiro e a vicesecretaría de Relacións coa Sociedade Manuela López Besteiro, entre outros cargos orgánicos e electos do partido.