Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo pdine nunha moción garantir a continuidade da Festa das San Lucas “agora e no futuro”

Nota de prensa

Esta cita festiva centenaria –das máis antigas de Galicia- leva dous anos marcada pola incerteza ao respecto da súa celebración
O Grupo Popular presenta unha moción para garantir a continuidade da Festa das San Lucas “agora e no futuro”

Elena Candia esixe ao equipo de goberno e ao concelleiro delegado en particular, que lidere e articule as fórmulas precisas para que este evento non corra risco algún de desaparecer nos vindeiros anos.

O Executivo local debe corrixir o seu proceder e unir esforzos e traballo para conseguir que cada edición supere á anterior en actividades, promoción e divulgación.

Mondoñedo, 29 de setembro de 2011.- O Grupo Popular Municipal presentou unha moción para o seu debate en pleno dirixida a garantir a continuidade da Festa das San Lucas, unha cita centenaria que corre o risco de desaparecer como resultado da falta de traballo do equipo de goberno municipal e da incerteza que cada ano caracteriza a implicación que o equipo de goberno ten coa tan meritoria COMISIÓN DE FESTAS. De feito, os populares lembraron que nas dúas últimas edicións o alcalde veuse obrigado a emitir un bando –alarmista e que poñía en dúbida a propia celebración do evento- e a través do que chama á cidadanía a colaborar para a organización das festas, eludindo a responsabilidade do Concello no liderado deste proxecto.

“O bipartito municipal consideran estas festas como un problema, e non como un valor digno de defender e protexer, por canto constitúe unha cita privilexiada para os veciños de Mondoñedo, pero tamén falamos dun evento de grande interese para miles de visitantes que se achegan, cada ano, ata a vila, para asistir á feira, mercar apeiros vinculados o mundo do cabalo, de artesanía…. etc”.- explicou Elena Candia

O Partido Popular de Mondoñedo esixe, a través da súa moción, que “agora e no futuro” equipo de goberno e ao concelleiro delegado en particular, lidere e articule as fórmulas precisas para que este evento non corra risco algún de desaparecer nos vindeiros anos. Considera tamén que o Executivo local debe corrixir o seu proceder e unir esforzos e traballo para conseguir que cada edición supere á anterior en actividades, promoción e divulgación, evitando así que desapareza.

NON É UN PROBLEMA ECONÓMICO, SENÓN DA FALTA DE TRABALLO

A portavoz popular explicou ademais que neste punto o que queda claro é que o equipo de Goberno non quere traballar, posto que aquí non estamos a falar de necesidades económicas, senón de vontade e traballo para a organización dos festexos.

XANTAR DA TERCEIRA IDADE

Esta mesma falta de gañas de traballar tamén se materializou coa suspensión da comida da terceira idade. Elena Candia asegura que o PP, en atención ás circunstancias particulares de crise é á situación económica, está en contra de eventos gratuítos e multitudinarios, pero considera que existen fórmulas dabondo ante da supresión do xantar, que deberán terse valorado, como é o caso do pago parcial ou íntegro da comida por parte dos asistentes. A supresión implica que son ás persoas que menos o merecen –neste caso os xubilados mindonienses- os que pagan as consecuencias da crise, e non tiña porque ser así.

A moción busca que non volva a repetirse o dramatismo que tivo lugar nas últimas edicións e que desde o equipo de Goberno sexan consecuentes do dano provocan con esta incerteza e as súas declaracións dubidosas a este evento. Unha festa que –segundo insistiu Elena Candia- ten lugar desde fai máis de 850 anos, “cun posicionamento e difusión como ningún outro en Galicia e que calquera rexedor estaría orgulloso de celebrar no seu concello, agás o actual alcalde de Mondoñedo”.

Exit mobile version