Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela segue culpando ao anterior goberno dos problemas

Nota de prensa:
Os populares de Burela afirman que “os catro anos de bipartito foron anos perdidos”.

Consideran que se paralizou absolutamente a administración municipal.
Lamentan que non se movera nin un só papel en asuntos importantes.

Burela, 3 de setembro de 2011.- O Partido Popular de Burela manifestou hoxe que “á vista do que o equipo de goberno se está a atopar en canto a tramitación de expedientes, só podemos concluir que os catro anos do bipartito foron catro anos perdidos, porque se perdeu un tempo precioso para axilizar cuestións que teñen importancia para o conxunto do concello”.

Os populares aseguran que o proxecto de parque eólico singular podía deixar anualmente unha cantidade aproximada de setenta e cinco mil euros nas arcas municipais, pero o bipartito non moveu un só papel en catro anos, e agora será mui difícil conseguir algo que no seu día estaba a tiro de pedra.

Ademais, consideran lamentable que en catro anos non se movera abstolutamente nada sobre a afectación da variante, o que perxudica claramente os intereses do conxunto dos cidadáns do noso concello.

Por riba, atopámonos co silencio máis absoluto e preocupante sobre o trazado do corredor Barreiros-San Cibrao, porque temos que afirmar que o bipartito, encabezado polo exalcalde, non xestiounou nada de nada nin en Lugo nin na Coruña sobre a resolución das alegacións nin sobre o posible cambio de trazado.

Finalmente, compre lembrar que no seu día o bipartito afirmou que o Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) estaría listo en catro anos. Pois ben, resulta que nin tan siquera chegou a aprobarse inicialmente tal documento, e por riba deixaron problemas xa non sen resolver, senon alomenos sen axilizar.

Por todo eso, desde o PP consideran que “nin o exalcalde nin os demais membros do bipartito poden presumir de traballo e de capacidade de xestión. Os feitos e as evidencias son os que son, e o que demostran son vagancia e falla de adicación ás cuestións municipais”.

Os populares consideran que estas cuestións teñen que sabelas o conxunto dos cidadáns, porque son asuntos de calado e que poden marcar o futuro do noso concello nun senso ou noutro.

Exit mobile version