Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que esta satisfeiro cos primeiros cen días do goberno na localidade

Nota de prensa

O PP de Burela, satisfeito cos primeiros cen días de goberno.

Os populares afirman que se retomaron asuntos que estaban absolutamente paralizados.
Consideran “unha pataleta de nenos cabreados” as críticas socialistas.

Burela, 24 de setembro de 2011.- O PP de Burela emitiu hoxe unha nota de prensa para facer unha valoración dos primeiros cen días de goberno do equipo que lidera José María González Barcia, sendo a valoración que fan de “mui satisfactoria”. “O equipo de goberno está a funcionar de forma axeitada e recoñecemos a adicación que están a ter todos e cada un dos sete integrantes do mesmo”.

Para os populares, “está claro que os cidadáns perciben máis axilidade á hora de resolver os problemas do día a día: atención a desbroces e limpeza de camiños, actuacións en rúas e aceras, etc., como o demostra a limpeza do solar colindante coa zona de autocaravanas, que en catro anos nunca se limpara, ou outro preto do CEIP ‘Vista Alegre’. Ou mesmo a rapidez en falar coa Demarcación de Estradas de Lugo para solventar os problemas da variante”.

Ademáis, segundo os populares, “os veciños perciben proximidade: o equipo de goberno está no concello pero tamén está na rúa, e a xente é sempre atendida; vense os problemas ‘in situ’ e fálase e dialógase coas persoas que plantexan os seus problemas, decindo en todo momento a verdade, esquecendo o ‘sí, sí, sí…’ que sistematicamente estaba instalado nos últimos catro anos no concello para logo non facer nada”.

Por outra parte, “véñense de retomar asuntos que estaban paralizados e que afectan, e moito, ó conxunto dos cidadáns: estáselle a dar un empuxe á elaboración do PXOM, coa implicación directa do alcalde e do concelleiro de urbanismo, cousa que antes non pasaba; vólvese a traballar sobre o parque eólico singular que o bipartito paralizara; dase de alta a instalación fotovoltaica do pavillón ‘Vista Alegre’ que levaba parada cáseque un ano, etc.”.

No tocante ás actividades realizadas polo verán, segundo os populares, “tanto socialistas coma nacionalistas decían que se xa non se farían, tentando enganar ós cidadáns, pero o certo é que se fixeron máis ca en anos anteriores. Decían que se acabarían as escolas deportivas e resulta que o básico permanece e ainda se aportan actividades. Tamén desaparecería o compromiso coa dependencia e coa terceira idade, xa que non se farían cursos nin a actividade de fisioterapia, e resulta que tamén se manteñen. En definitiva, que neste apartado tamén é para estar satisfeitos, máxime logo de ver as mentiras dos antiguos socios do bipartito”.

En relación coas críticas vertidas polos socialistas, o PP burelés entende que “son só unha pataleta de nenos cabreados derivada do escaso ou nulo traballo dos seus concelleiros, especialmente do seu portavoz, o antigo alcalde, que pouco ou nada se deixa ver polo concello, sigue demostrando que o del non é o traballo e só fala de oídas”.

Para os populares, “da súa nota de prensa, despréndese que os socialistas ainda non teñen aceptado que o PP ganou as eleccións por maioría absoluta. A súa arrogancia, xunto cun afán desmesurado de quedar ben con todo o mundo a base de palmadiñas, bicamáns, etc., tíñaos convencidos de que, ainda perdendo as eleccións, gobernarían xunto cos nacionalistas, como pasou hai catro anos. Pois ben, os resultados son que o PP tén a maioría absoluta, o PSOE está na oposición e non existe o grupo municipal do BNG”.

Desde o PP ratifican o que no seu día dixo o alcalde: “se os socialistas teñen dúbidas sobre a legalidade da contratación dunha orientadora laboral, xa saben o que teñen que facer, pero non foron quen de presentar unha alegación ás bases”.

Finalmente, o PP agradece, ainda que o pón en cuarentena, ese ánimo de colaboración dos socialistas, porque “non é de fiar que agora se ofreza a colaborar quen nos catro anos anteriores non contou para nada co grupo maioritario da corporación. Se queren, xa poden comenzar a demostrar agora ese ánimo de colaboración, porque deberían saber perfectamente que é o que poden e deben facer. Con todo, serán tidos en conta para aqueles asuntos de calado para a cidadanía”.

Exit mobile version