Site icon Crónica3.com A Mariña

O monte Castelo en Burela queda sen luz polas noites como medida de aforro enerxético

Nota de prensa

O MONTE CASTELO DEIXARÁ DE ESTAR ILUMINADO POLAS NOITES DESDE HOXE 1 DE SETEMBRO. A MEDIDA OBEDECE AO PLAN DE AFORRO ENERXÉTICO E ECONÓMICO POSTO EN MARCHA POLO NOVO EQUIPO DE GOBERNO.

Burela, 1 de setembro de 2011. O Monte Castelo deixará de estar iluminado polas noites desde hoxe 1 de setembro. Segundo o alcalde en funcións, Manuel Fernández Valle, “con esta medida levamos adiante pouco a pouco o plan de aforro enerxético e económico que o noso equipo de goberno puxo en marcha desde a súa volta ao Concello de Burela”.

O rexedor accidental sinalou que “ese alumeado encenderáse no caso de que alí se celebre algunha festa ou algún acto durante os vindeiros meses. Será coa chegada da nova época estival cando volte a estar activo”. A Fernández Valle non lle parece lóxico “estar adoptando medidas no mesmo sentido na vila e mantendo o alumeado do Monte Castelo aceso durante todo o inverno, co gasto de enerxía e de cartos que eso lle supón ao Concello de Burela”.

Exit mobile version