Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo provincial do BNG reuniuse co consello comarcal e con concelleiros nacionalistas da Mariña

Nota de prensa:
O Grupo Provincial do BNG reúnese co Consello Comarcal e concelleiros nacionalistas da Mariña

Os nacionalistas priorizan a acción do goberno provincial no gasto social

O Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego inicia hoxe unha roda de xuntanzas cos Consellos Comarcais do BNG e os concelleiros/as da organización no ámbito das Comarcas de Lugo a fin de dar a coñecer os obxectivos políticos definidos e as liñas de traballo na Deputación para os vindeiros catro anos.

O primeiro dos encontros que se realizou na xornada de hoxe cunha xuntanza no local comarcal do BNG da Mariña ás 20.30 h a máis de servir para someter a discusión as prioridades que o nacionalismo ten na súa acción de goberno na Corporación Provincial serviu para someter a debate a situación das administración públicas nun contexto de crise como o actual como a resposta que desde as mesmas se lle debe dar.

Antonio Veiga, Vicepresidente da Deputación e Responsábel Comarcal do BNG, afirmou que “ o actual modelo de organización administrativo fundamentada en concellos e deputacións a máis de non axustarse a estrutura territorial de Galiza tense demostrado particularmente ineficiente a hora de prestar servizos aos cidadáns. Aínda así mentres existen os mesmos teñen que cumprir cos seus administrados e non só iso senón que dar resposta aos seus problemas, de xeito moi particular nun contexto de crise”.

Priorizar as políticas e o gasto social para evitar desigualdades sociais

O Vicepresidente da Deputación indicou que “é o momento de priorizar o gasto social, fundamentalmente naquelas actuacións que van permitir que a crise non se converta nun instrumento que aumente as desigualdades sociais. Neste sentido nos imos apostar nesta materia por políticas diametralmente opostas ás que están a realizar desde a Xunta e o Goberno central, na medida que unhas é outras se teñen amosado como un factor de discriminación así como un impedimento para o crecemento económico. Non é o momento da austeridade, nin da redución do peso das políticas públicas na actividade económica, na contra é necesario un papel activo do sector público como revulsivo da actividade económica”. Veiga criticou “ o actual modelo de financiamento, un modelo que non se axeita a realidade dunha nación como Galiza, ao non ponderar a dispersión xeográfica ou o avenlletamento da poboación, e que por conseguinte non recolle que prestar os servizos en Galiza custan máis que no resto do Estado. A Xunta e o Estado non poden deixar só aos Concellos, nesta coxuntura económica, posto que iso provocaría necesariamente que toda a rede de asistencia social que cobren desde as institución locais deixaran ao pairo a aqueles segmentos sociais con máis risco de exclusión social”.

Contactos e relación directa co tecido asociativo

Mario Outeiro, Delegado de Cultura e Turismo da Deputación recordou que “o BNG sempre entendeu que a acción de goberno só é posíbel desde un diálogo constante coa cidadanía, desde a perspectiva da necesidade dunha colaboración permanente entre os colectivos sociais e as admistracións públicas e por iso que ao longo do mes de setembro manteremos máis de 40 xuntanzas co tecido social da provincia, para definir os eixos centrais, do que vai ser a política orzamentaria das nosas áreas”.Outeiro tamén quixo destacar” o papel da cultura como pata central do Estado de Benestar e o Turismo como importante motor económico do conxunto das comarcas de Lugo, é moi particularmente da Mariña, onde imos apostar por unha diversificación da oferta turística que poña en valor tamén o turismo mariñeiro e o turismo cultural”.

Exit mobile version