Nota de prensa
II Xornada “Coñecendo Alfoz”
O departamento de turismo deste concello organiza esta actividade está destinada a persoas de todas as idades que desexen parar unha tarde agradable disfrutando da riqueza natural, histórica e cultural que o noso concello nos ofrece.
Celebraráse o sábado 17 de setembro. Ás 4 da tarde xuntarémonos na área recreativa da Pontenova e percorreremos un tramo da Ruta do Río Ouro, de aproximadamente unha hora e sin dificultade, apto para nenos. Seguidamente iremos ao Castelo do Castro onde os máis pequenos escoitarán “CONTOS PARA ESCOITAR MENTRES BAILAMOS UN VALS”, un espectáculo no que “Caxoto Contacontos”, da compañía DINAMOteatro, desplega unha ampla destreza no manexo dos máis insólitos instrumentos musicais. O exotismo do birimbao, a máxia da frauta doce, o ronroneo do acordeón, … Con eles relata a orixe da paixón de Sabela pola música nunha aventura de 60 minutos que saben a pouco.
Entre tanto, para os maiores proxectaráse un filme relaciondo co concello e a súa histórica no segundo andar do castelo.
Todos os interesados poden inscribirse na Casa do Concello de luna a venres en horario de 9:00 a 14:00 e no Castelo do Castro de luns a venres de 17:00 a 21:00 e sábados e domingos de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 ata o 16 de setembro ou no teléfono 982558581.