Nota de prensa
Delegación de Servizos Sociais
Que se realizaba o sábado coincidente coa Festa da Faba
O CONCELLO DE LOURENZÁ NON VAI A CELEBRAR A TRADICIONAL XUNTAZA DA TERCEIRA IDADE
O motivo non é outro máis que a actual situación de crise que está atravesando o noso país e que nos obriga a reducir o gasto do Concello
A austeridade non afecta aos Servizos Sociais do Concello que inclusive se van a incrementar os casos atendidos en Axuda a domicilio.
É por iso que debemos comunicar que os Servizos Socias do Concello non van a sufrir ningún tipo de recorte, de feito increméntanse os casos de atendidos en Axuda a Domicilio tanto en Dependencia como en Libre Concorrencia.
Destacamos que non existe lista de espera en Dependencia, malia isto, incrementaremos os casos atendidos, oa igual que na modalidade de Libre Concorrencia que ten máis demanda e pouco a pouco vamos reducindo a lista de espera asumindo este incremento de custo o propio concello.
As aportacións que recibimos doutras Administracións para sufragar o custo do servizo de axuda no fogar para libre concorrencia non son suficientes para sufragar todo o gasto polo cal o concello asume unha importante parte do custo do servizo, asumindo gastos xustificados e necesarios para os servizos sociais e para o propio beneficio dos usuarios dos mesmo.