Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela informou ás asociación dos grupos que se organizan para ir ao balneario de Pantón

Nota de prensa:
DIANA DURÁN INFORMOU ÁS ASOCIACIÓNS DE BURELA DOS GRUPOS QUE SE ESTÁN A ORGANIZAR PARA ACUDIR AO BALNEARIO OCA AUGAS SANTAS DE PANTÓN.

Burela, 20 de setembro de 2011. A concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, Diana Durán, mantivo un encontro con varias asociacións burelesas (O Vencello, Xuntanza, Viúvas, Amas de Casa, Ledicia, A Moncloa, etc.) co obxectivo de que todas aquelas persoas maiores de 50 anos que pertenzan ou estean vinculadas a ditos colectivos ou a outros do concello de Burela, se poñan en contacto coas mesmas ou cos Servizos Sociais Comunitarios a través do teléfono 982-58 06 16 ou no propio departamento, xa que se están a organizar grupos para acudir ao Balneario Oca Augas Santas de Pantón.

Segundo explican desde o departamento de Servizos Sociais “trátase de estancias de 6 días con 5 noites en pensión completa, a disfrutar dentro deste ano 2011, coa colaboración da Deputación de Lugo”.

Exit mobile version