Nota de prensa:
Unha vez máis o Grupo municipal do Partido Popular de Viveiro asiste asombrado a un novo despropósito do antiguo-novo equipo de goberno, no que se reflexa a súa falta de compromiso, a súa improvisación e sobre todo a falta de previsión motivadas en grande medida por carecer duns presupostos reais e adaptados ós tempos que corren.
Non hai moitos días saía en distintos medios de prensa escrita a noticia de que o balonmán Viveiro ( institución referente no balonmán lucense e que neste ano cumple 25 anos da súa creación) podería desaparecer pola falta de pago do conveniado co Concello para os anos 2010 e 2011, un total de 28.000 euros. Hai que lembrar que estes convenios coas asociacións deportivas para os anos 2010-2011 foron aprobados por unanimidade no pleno ordinario do Concello do 25 de xaneiro de 2010, tendo vixencia bianual, comprometendo as mesmas cantidades para os dous exercicios e entre outras claúsulas que se podería adiantar ata o 75% do convenio para facer fronte os gastos derivados dos inicios de temporada.
Pois ben estamos en setembro de 2011 e moitas destas asociacións (O balonmán Viveiro, Club del Mar A Mariña con 52.000 euros ) aínda non percibiron un euro do conveniado para estes dous anos; outras acaban de cobrar en agosto do 2011 os 4000 euros comprometidos para o 2010 (A.D.Praia de Covas ) ;algunhas outras si cobraron o do 2010 pero teñen pendiente os 7000 euros do 2011 ( A.D. San roque ), por non falar dos máis de 50.000 euros que se lle adeudan a unha empresa deportiva da nosa localidade.
Lembrar tamén o que acontece coa nova directiva do Viveiro C.F. a quen se lle prometeron 20.000 euros por coller o clube e a día de hoxe seguen sen aparecer, aparte de diveros arreglos que están pendientes dende hai máis dun ano nalgúns casos : substitución de focos nas torretas de iluminación, suxección segura da cabina dos medios de prensa, drenaxe do campo…
A última información da que dispoñemos e que ás asociacións que se están queixando polo impago, se lle aboará o comprometido no mes de novembro ( mes no que deberían estar reuníndose para falar dos novos convenios e non pagando o atrasado ); a algunhas aboaraselle a totalidade dos dous anos e a outras só o do 2010 ( cos cartos do IBI? coma sempre vestindo un santo para desvestir outro ),pero entón cando pensan pagarlles o do 2011?.
Esperamos e desexamos que esto sexa certo, sobre todo polo ben destas asociacións que en moitos casos están vendo comprometido o seu futuro máis inmediato.
Os datos non invitan moito o optimismo, porque o Sr. Concelleiro de Deportes xa deixou claro que isto non era da súa época, pero haberá que recordarlle que é un acordó aprobado polo Concello de Viveiro, o que el representa na actualidade e polo que ten que responder e cumplir, xa que agora é corresponsable no equipo de goberno, polo tanto cando o aceptou debería ter moi presente que era para o bo, o regular e o malo.
O tema empeza a estar moi claro, as asociación foron primeiramente enganadas polo Sr. Alcalde quen sabe perfectamente que hai compromisos que son inasumibles por falta de liquidez, e agora tamén engana aos seus socios de goberno do BNG, metendoos nun embolado de débedas moi diíciles de aumir pola lamentable xestión económica do Concello.
Como consecuencia disto as asociacións deportivas están abandoadas a súa sorte e sobreviven gracias a labor impagable dos seu responsables, que non só se teñen que preocupar de atender a labor propia da asociación ou clube, senón que teñen que estar día si e día tamén reclamando unhas cantidades que deberían estar aseguradas en tempo e forma, posto que foron comprometidas nun convenio que o Concello de Viveiro aprobou no seu momento.