Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS resolveu con amplitude o triangular de Abres ante o o Txamon Oviedo e CD Rececende Superti-A

Nota de prensa

O Burela FS resolve con amplitude o triangular de Abres

O Burela FS fíxose co triangular disputado o venres pasado en San Tirso de Abres ante o Txamon Oviedo e CD Rececende Superti-A Pontenova, da Terceira División.

No primeiro partido, o Burela FS-Pescados Rubén impúxose aos ovetenses por 5-1. Os laranxas, con numerosas ocasións para sentenciar axiña a cita, tiveron que facer fronte a un marcador igualado, con 1-1, para acabar goleando con comodidade.

No segundo asalto, o Superti, aínda que ofreceu un gran papel ante os burelistas, non freou o 5-2 final.

A contenda honorífica entre pontenoveses e asturianos decantouse polo Txamon con 2-0.

Exit mobile version