Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG presenta unha iniciativa para que Alfoz teña radio municipal

Nota de prensa

“O Bng  presenta unha iniciativa para que Alfoz teña radio municipal”

Alfoz é un concello cunha vida sociocultural moi dinámica, no que existen  gran número de veciños con inquietudes e iniciativas relacionados co sertor audiovisual. Moitos deses veciños vense obrigados a desprazarse o veciño concello de O valadouro para realizar diversas actividades na emisora de radio municipal do citado concello.
As emisoras de radio municipais teñen gran aceptación entre os veciños de concellos pequenos como Alfoz e tamén serven de soporte para que o concello poida ofrecerlles os mesmos información de todo tipo sobre todo o que acontece no concello.
“Entre Alfoz e Valadouro existe unha mancomunidade de municipios, e xa que a emisora de radio non estaría viva actualmente sen a colaboración de veciños de ambos concellos, en moitos casos moitos máis de Alfoz, intamos ó alcalde a que lle propoña o concello veciño, mancomunar a emisora de radio que existe no concello veciño”

Outra opción que propomos é a de que Alfoz cree unha emisora propia, pero dadas as circunstancias é de sentido común si o concello veciño quere mancomunar a existente.

A emisora de radio que existe no concello veciño é totalmente amateur, na que participan desinteresadamente todas a persoas que o desexan, e sen esas colaboracións non sería posible que estivese viva actualmente.
Hoxe en día a maior parte das persoas que participan, fan programas e colaboran na citada emisora son do concello de Alfoz, polo que ambos concellos saen máis beneficiados do feito de mancomunar a emisora existente que do feito de que se cree outra independente no concello de Alfoz.

Exit mobile version