
A grupación folclórica O Arco da Vella de San Miguel de Reinante, actúa no Festival folclórico “Cidade de Ibiza”, que terá lugar no Baluarte S.Pere, que é un dos da propia muralla de Ibiza. Estarán acompañados do grupo “”Cola de Vila”” de ibiza, grupo que había participado no XXX Festival do Emigrante o pasado 6 de agosto, en San Miguel. O grupo desplaza a 33 compoñentes, e a súa actuación será duns corenta minutos, nas que procurarán facer unha pequena mostra do folclore das catro provincias galegas.