Nota de prensa
ALFONSO FUENTE SINALA QUE AS ÚLTIMAS SENTENCIAS DICTADAS POLO TSXG AVALAN O TRABALLO REALIZADO DESDE O CONCELLO. O REXEDOR INSISTE EN QUE AS PARALIZACIÓNS URBANÍSTICAS DE BARREIROS OBEDECERON A UNHA INTERVENCIÓN POLÍTICA DO BIPARTITO NA XUNTA PARA DESPRESTIXIAR AO PP.
Barreiros, 7 de setembro de 2011. O alcalde, Alfonso Fuente, sinala que as últimas sentencias dictadas polo TSXG avalan o traballo que se estivo a realizar desde o Concello. O rexedor insiste en que as paralizacións urbanísticas de Barreiros obedeceron a unha intervención política do bipartito na Xunta para desprestixiar ao PP. Así se refire ao último fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que di que Nordés non edificou unha promición de vivendas en solo rústico en Barreiros.
Fuente Parga dixo que “estas sentencias veñen a avalar un pouco máis o traballo que se viña facendo desde o Concello. Nós sempre mantivemos que as licencias estaban ben concedidas e esta sentencia do TSXG ratifica outra do contencioso nº 1 de Lugo. Nós seguimos traballando no día a día e respectando as decisións xudiciais, tanto neste caso no que son favorables ao traballo feito desde Concello como senon fose así”.
O alcalde de Barreiros manifestou que “esto valida o que eu viña mantendo, que estabamos ante unha intervención política e non técnica e estas setencias veñen a ratificar a nosa opinión. Todo esto foi un despropósito contra o Concello de Barreiros, desde uns señores que, entendo que senon por vontade propia sí dirixidos por outras persoas, desde un bipartito na Xunta que atacou a un Concello gobernado polo PP coa única intención de desprestixiar a un partido político e sen pensar nas consecuencias económicas que podería ter tanto para Barreiros como para a Mariña lucense e para o resto da provincia”. E engadiu que “eso foi o único que se lle trasladou ao novo goberno da Xunta, é decir o grave perxuizo realizado a Barreiros, á Mariña e á provincia de Lugo e se puxo a traballar para solucionar toda esta problemática. As cousas levan moito tempo e pouco a pouco van saindo eses resultados. O que hai que lamentar é o tempo perdido por unhas decisións partidistas e políticas. Os políticos ás veces temos moita culpa do que pasa no noso país e neste caso senon se tivesen feito esas paralizacións, que agora se ve que foron inxustas, moitas das obras estarían rematadas, terían xerado moitos recursos económicos no noso concello para moita xente que quedou sen traballo nese momento e agora non nos queda máis que lamentarnos do tempo perdido”.
Alfonso Fuente Parga considera que “habería que recapacitar e algúns políticos que tomaron estas decisións deberían pensalo un pouco, a propia ex conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, facía hai pouco unhas declaracións nos medios de comunicación decindo que todo era un despropósito e que en Barreiros estaba todo mal concedido. Despois de ver estas sentencias debería recapacitar e manterse ao marxe agora que non é conselleira e cuidar un pouco as súas manifestacións como nós facemos con todo o respecto desde o Concello. As sentencias están aí e o traballo que nós faciamos cando concedíamos unha licencia se facía con rigor”.