Site icon Crónica3.com A Mariña

Independentes de Viveiro (iVi) presenta unha batería de preguntas e rogos para o próximo pleno

Nota de prensa

Independientes de Viveiro

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,

EXPÓN:

Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:
PREGUNTAS

Fai tres meses, tanto na praza de J. Donapetry como na rúa Nicolás Cora Montenegro foron instalados dous puntos de contenedores soterrados, e que a pesar do tempo transcurrido ainda non están operativos. ¿Por qué non están en funcionamento? e ¿Cando prevee o equipo de gobernó poñelos operativos?.

Dende o pasado dia 4 de Agosto quedaron extinguidas as Fundacións Comarcais dependentes da Xunta de Galicia. No noso Concello existe un edificio na zona de Lodeiro. Según nos informaron, dito inmoble pertence á Sociedade para o desenvolvemento comarcal de Galicia, e tamén está previsto que esa sociedade vaise extinguir antes do final deste exercicio, e pasará a axencia galega de desenvolvemnto rural.(Agader) ¿Houbo ofrecemento ó Concello para que se fixese cargo deste edificio?. ¿Podería estar interesado na xestión do mesmo?

Según saeu publicado en varios medios de comunicación a explanada frente os Castelos de Covas ( donde se ubican as festas), ía ser pavimentada para o día seguinte do remate das mesmas, ou sexa o 27 de Xuño. Nesa obra tan so están postos un tubos coas súas arquillas e dende Xullo non se voltou a facer nada. ¿Cando esta previsto rematar as obras?

O pasado día 23 de Agosto saía publicado no diario El Progreso que a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente, invertirá cinco millóns de euros nun plan de saeamento da ría de Viveiro. Por parte do portavoz que suscribe, para o pleno do 24 de Abril de 2010 fora presentada unha moción co título “Rexeneración e limpeza da Ría de Viveiro”, aprobada por unamidade da Corporación, ¿Houbo resposta por parte da Xunta a referida moción?, ¿Ten constancia o Concello deste anuncio da Conselleria de Medio Ambiente?

Nas obras que se están a levar a cabo na ponte de feve en Verxeles, na acera da marxe izquierda en dirección a saía da vila, ¿está contemplado retranquear o muro que se atopa despois de dita ponte?, ¿nese tramo a acera terá a mesma medida que nos demáis?.

Para a firma do convenio coa federación de Empresarios de Hostelería de Galicia, que foi asinado nun complexo hotelero da nosa cidade o pasado 2 de Agosto, e no que participou o Conselleiro de Turismo, D. Roberto Alvarez, ¿Por qué non houbo ningún representante do Concello?

O novo Presidente da Entidade Portos de Galicia, José Juan Durán Hermida estivo de visita por todos os peiraos da mariña lucense, agás o de Viveiro. ¿tivo algún contacto co noso Concello?

A rúa Rió de Loiba que vai dende o paseo marítimo ata a igrexa de Covas está nunha situación deplorable en canto o firme así como a existencia de postes de luz no medio da rúa e tamen coas aceras sen rematar. ¿Vaise proceder o arranxo desa rúa?.

Na mesma zona, pero a rúa que vai dende a carretera xeral ata a igrexa, tamén se atopa na mesma situación. ¿cando se vai actuar para o seu arranxo?

A Xunta de Galicia a través dunha visita do Director Xeral de Vivenda o barrio do Celeiriño, e asi mesmo o Deputado autonómico Sr. Balseiro, anunciaron que se debería por parte do Concello de solicitar un ARI para a recuperación do lugar. ¿Dirixeuse a administración antonómica o Concello para tratra este tema? ¿esta presentada a demanda xudicial?, ¿En que fase se encontra este expediente?

En moitas partes da carretera do paseo marítimo de Covas hay bastantes baches pronunciados, e antes de chegar ó paso de cebra elevado da interserción do vial que discurre entre o parque Pernas Peón e o campo de futbol de Cantarrana hay un socabon, xa que cedeu o firme. ¿A quen corresponde o arreglo de dita carratera?. Instamos o goberno municipal a que faga os tramites oportunos para o arranxo desas deficiencias.

Temos información de que por parte de intervención lle foi denegado o abono do complemento polo cargo de secretaría en funcións que obstenta una funcionaria do Concello dende o mes de Maio de 2011. ¿Ten constancia deste feito o Sr. Alcalde?, ¿Cando se vai proceder a dito abono?

ROGOS

Nestes últimos meses poidemos observar que en diversas zonas do Concello como Lodeiro, Porto deportivo, explanada frente os Castelos ou no aparcamento da variante, na avenida de Ferrol proliferaron a instalación de autocarabanas e remolques. Por elo instamos e ROGAMOS ao Goberno local a que tome as medidas oportunas para erradicar este tipo de acampadas nesas zonas e en todo o termino municipal, e facer que se dirixan o Camping de Viveiro e senón habilitar alguna zona o respecto e non que cada quen se coloque onde lle pete, ou no seu defecto facer unha ordenanza municipal para ter controlado esta situación.

En Cantarrana na zona de aparcamento frente ao tramo de acera que vai dende a pizzería Sixties, ata o quiosco, despois das obras de dita acera, quedou moi baixo o pavimento do aparcamento polo que a maioria dos vehículos tocan coas defensas no bordillo. ROGAMOS subsanen esa situación.

Recentemente foi renovado por parte da Excma. Deputación de Lugo o firme da carretera que vai dende Covas a Vieiro, pero deixaron as tapas dos rexistros máis baixas que dito firme. ROGAMOS poñan este feito en coñecemento do ente Provincial o obxeto de subsanar esta deficiencia.

O Mércores 31 de Agosto foi inaugurado o tan esperado polígono industrial de Landrove. ROGAMOS o Sr. Alcade nos informe de quen foi o que realizou as invitacións para o este acto, que creemos tiñá que estar representada toda a Corporación Municipal de Viveiro, e este Grupo Municipal que suscribe non tivo ninguha invitación oficial o respecto, o que entendemos unha falta de consideración institucional, xa non a nós, senón os votantes ós que representamos.

O pasado día 2 de Setembro por parte do Vice-presidente primeiro da Excma. Deputación de Lugo e polo 1º Tte de Alcalde do Concello , ambos do BNG, foi presentado os vecinos do Celeiriño e tamén á prensa a aprobación da cantidade de 120.000 euros para a recuperación e a mellora do barrio, que dudamos de que chegue para todo o que se anunciou: o sanemento, abstecemento de augas, electricidade e alumeado público, e tamén se rematarían de demoler as vivendas e reparar o calexón. Ata esta data cada vez que houbo algún tipo de nova do Celeiriño fora sempre comunicada e consensuada a tódolos portavoces do grupos municipais. ROGAMOS que nos indique o Sr. Alcalde si nesta ocasión houbo comunicación oficial deste feito.

Con respecto os horarios de peche dos locales nocturnos (Pubs) e asi mesmo das licencias dos mesmos, temos queixas de que hay varios que incumplen ditos horarios e asi mesmo que carecen da pertinente licencia de apertura. ROGAMOS o equipo de goberno que controle e vixile estes feitos e tome cartas no asunto para regularizar esas situación anómalas.

A longo do vran a área etnográfica da Insua estivo descoidada en relación a recollida de lixo, a corta de maleza asi como a falta de luminarias. ROGAMOS o equipo de gobernó tome as medidas oportunas para que este espacio turístico estea ven adecentado

Exit mobile version