Site icon Crónica3.com A Mariña

Estudantes de Alfoz teñen dificultades para acudir a centros de ensino en concellos veciños por non ter un medio de transporte, asegura o BNG

Nota de prensa

“O BNG de Alfoz esíxelle ó alcalde que este ano non deixe tirados os rapaces que cursan bacharalato fora do municipio”

Nos últimos anos numerosos rapaces do concello están sufrindo graves problemas para poder acudir con normalidade os seus centros de estudos, especialmente os rapaces que cursan bacharelato nos concellos veciños.

“Dende o BNG fomo os únicos que demos voz de alarma sobre estes feitos e reclamamos en diferentes estancias unha solución ó problema”

Son feitos especialmente graves, que na actualidade un rapaz non poida cursar os seu estudios con normalidade por non poder desprazarse o seu centro de estudos, cos graves prexuizos que esto lle ocasiona tanto a eles como os membros da súa familia no momento de conciliar a vida familiar.

“Anque estamos falando de educación non obligatoria, non é normal que hoxe en día rapaces do concello se vexan con dificultades para cursar o bacharelato por non ter un medio de transporte para poder acudir as aulas”

Que a precaria solución destes problemas sempre veu dada por importante desembolso de diñeiro por parte dos afectados.

“Estes últimos anos dende o concello deixouse tirados os rapaces e as respectivas familias ante a grave problemática existente”

Que o concello proporcione unha solución para a obtención dun medio de transporte para os rapaces afectados.

Igualmente que proporcione unha axuda de custo a todos os rapaces do concello que cursen estudios non obrigatorios, a así axude a paliar o enorme gasto que lles ocasiona as familias afectadas.

Exit mobile version