Nota de prensa
OS CONCELLEIROS DE OBRAS E DEPORTES SUPERVISARON AS OBRAS DE CREACIÓN DUNHA PISTA MULTIDEPORTE NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO. OS TRABALLOS REMATARÁN NESTE MES DE SETEMBRO.
Burela, 1 de setembro de 2011. O concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro López, supervisaron as obras que se están a levar a cabo en colaboración coa Deputacion Provincial de Lugo para a instalación dunha pista multideporte no parque Rosalía de Castro.
Segundo explica o edil popular e alcalde en funcións, “o obxectivo deste proxecto é conseguir entornos adaptados e seguros para as zonas de esparcimento, cumprindo con todas as normativas en vigor, tanto europeas como autonómicas, en concordancia cos criterios municipais de potenciación e mellora dos ámbitos urbanos”.
Fernández Valle e Piñeiro López sinalaron que “a pista multideporte estará formada por dúaas superficies, unha delas contará con dous frontais dotados de canastras e porterías e a segunda terá unha canastra e unha portería, todo sobre unha pintura especialmente indicada para pistas deportivas”.
O rexedor en funcións lembrou que “a idea desta obra partiu dunha moción presentada polo Partido Popular que fora votada en contra polo bipartito burelés no seu día. Pero a falta de ideas propias levou ao bipartito a incluír a nosa proposta no Plano Extraordinario da Deputación de Lugo”. O investimento nestes traballos ascende a 33.000 euros. As obras rematarán neste mes de setembro.