Site icon Crónica3.com A Mariña

Con moito diálogo e convicción o BNG de Alfoz consegue que se aproben as 7 mocións que presentou ó pleno, aseguran os nacionalistas

Nota de prensa
“CON MOITO DIÁLOGO E CONVICCIÓN O BNG CONSEGUE QUE SE APROBEN AS 7 MOCIONS QUE PRESENTOU Ó PLENO”

O pasado venres día 23 celebrose pleno ordinario no concello de Alfoz, os únicos puntos que figuraban para tratar na orde do día eran sete iniciativas do Bng presentadas por medio de mocións.

Tras máis de dúas horas de intenso debate e forte argumentación o Bng de Alfoz conseguiu poñer de acordo a totalidade da corporación para que foran aprobadas as sete mocións que presentou, “ e non so conseguimos que foran aprobadas, senón que conseguimos que fosen aprobadas todas por unanimidade da corporación”

“E unha mostra máis de que cando se fan as cousas ben, cando a tenden a problemáticas reais e a iniciativas útiles, con boa vontade e usando argumentos convincentes se pode unir a todo o mundo en beneficio dun concello, como neste caso Alfoz”

ASDO.
Iván Marrube.

Exit mobile version