Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comisión en Defensa da Sanidade Pública rexeita os razoamentos sobre Sanidade do equipo de goberno de Foz

Nota de prensa

RESPOSTA O EQUIPO DE GOBERNO DE FOZ

No pleno do pasado xoves o equipo de goberno abstívose na moción presentada por o PSOE na cal se pedía o mantemento da ambulancia e do médico de urxencias de por as tardes no centro de saúde de Foz. Vostedes dicían que non querían darlle un cheque en branco a Consellería de Sanidade, aínda que estaban de acordo co proposta da Consellería.

E vostedes argumentaban durante o pleno o seguinte:

Que o tempo de resposta vai ser o mesmo e que non se perde ningún servizo.
Que fai 13 meses non tiñamos ambulancia medicalizada e que non nos queixabamos.
Que se recortaba un recurso ocioso, que apenas teñen saídas e que se pasaban a noite durmindo.
Que somos uns privilexiados, que temos unha ambulancia medicalizada e que estamos a 9 minutos do hospital de Burela.

Despois do pleno fixéronse unha serie de manifestacións nas cales se nos acusaba de que estabamos politizados e de que eramos uns chantaxistas.

Os seus argumentos e comentarios fannos ter unha serie de consideracións e unhas cantas preguntas. A saber:

Non estamos dispostos a perder un segundo mais en explicarlles o que significa a perda da ambulancia do 061 na quenda de noite. Calquera persoa entende que si temos un servizo e este se reduce as prestacións non poden ser as mesmas. Isto enténdeo ata un neno, si vostedes non o entenden, fágano mirar.
Un servizo de urxencia nunca está ocioso, si está disposto para intervir no momento. Precisamente o que todos desexamos e que os servizos de urxencias traballen o menos posible, pero ese non e motivo para retiralo. Váialles de exemplo o parque de bombeiros.
A ambulancia medicalizada non e un servizo de Foz. E un servizo mancomunado que ten a súa sede en Foz. Nos encantados de que teña aquí a sede, pero e que en algún lado ten que estar. O que non pode e servir de desculpa para retirar outro servizo.
Foz non e un privilexiado. Todo o contrario. Foz foi discriminado cando se elaborou o mapa sanitario de Galicia, e dende ese día todos os logros foron froito da presión popular. Logros que moitas veces foron incumpridos e que tratan continuamente de recortar.
Sobre de estar a 9 minutos de un hospital, dependerá de que sitio do concello se trate. Desde logo dende o Centro de Saúde de Foz ata o hospital hai mais de 9 minutos, senón pregúntenlle a Garda Civil de Trafico. En todo caso e das poucas cousas das que non nos temos que preocupar, dado que ata o de agora os políticos non teñen a facultade de cambiar os pobos de ubicación, que senón aínda habería que ver.
Nos non estamos politizados. Os politizados son vostedes, que ben que se acercan a Comisión Focega cando están na oposición tratando de acadar un votiño e facendo promesas que non pensan cumprir (pregúntenlle a Balseiro, entre outros).

Nos somos uns cidadáns normais que no noso tempo libre, e empregando os nosos recursos, procuramos defender os dereitos e os intereses dos nosos veciños. Sempre mantivemos unha mesma postura.

Mentres vostedes cambian de parecer coincidindo co cambio de goberno, e a pesares de cobrar do Concello, e de ter a obriga legal de defender os intereses dos veciños, non o fan.

Non somos chantaxistas, nin maleducados, nin lle faltamos o ríspeto a ninguén. Defendemos as nosas posturas con firmeza, tenacidade e con claridade, pero sen faltarlle a ninguén o ríspeto. E non admitimos clases de ninguén en este tema. Que lles quede moi claro.
Agora queriamos facerlles unhas preguntas:
Din que si hai algún fallo, vostedes van reclamar e protestar a Consellería. ¿E van pedir ou asumir responsabilidades en caso de que algún fallo do sistema, produza algún suceso lamentable?.
Si teñen tan claro o oportuno da retirada da ambulancia, ¿Por que non votaron en contra da moción e a favor da proposta da Consellería?. Non será porque non teñen tan claro que non afecte o servizo.
E si teñen algunha dubida por que non votaron a favor da moción ¿Poderá ser que lle deban algún que outro favor a Consellería? Si fora así págenllo de outra maneira, pero non deixe de defender os intereses dos seus veciños, do seu pobo.

Fdo: COMISIÓN FOCEGA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

Exit mobile version