Nota de prensa
APERTURA DO PRAZO PARA A INSCRICIÓN DAS ACTIVIDADES DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CERVO.-
As programadas para este curso 2011/2012 son:
Fútbolsala
Baloncesto
Tenis
Ximnasia de mantemento
Xogolandia
Aerobic
Pilates.
A maiores destas actividades, como novidade deste ano, ofértanse tamén:
Baile deportivo para nenos/as (a partir de 5 anos)
Atletismo
Cerámica
Manualidades
O prazo de inscrición será do 12 ao 30 de Setembro e os impresos para facer as solicitudes atópanse na Casa da Cultura en San Ciprián e no Concello de Cervo.