Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela segue inmersa na Semana da Mobilidade con distintas actividades


Nota de prensa
Unha das actividades da Semana da Mobilidade, que se celebrou onte, estivo organizada polo clube de lectura Vagalume, na que, por un lado, os socios do clube de lectura prestaron aos asistentes libros para leer na propia praza e, por outro lado, promocionaron o “bookcrossing” (liberación de libros), explicándolle aos máis curiosos en qué consiste esta práctica. Segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, “trátase de deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores, que despois farán o mesmo. Durante a actividade o clube de lectura Vagalume liberou algúns libros por Burela, polo tanto aqueles que os atopen deberán seguir a cadea rexistrando unha entrada no diario dese libro. Para isto, só hai que ir á páxina de Bookcrossing-Spain, introducir o número BCID que aparece no libro, e deixar unha breve nota para que outros saiban que lle ocorreu ao libro”.

Na actividade “Dispara a gol” co Clube Burela FS, coma os outros anos nos que se realizou a actividade, a acollida foi boa. Entre os participantes sortearonse balóns firmados e entradas para o partido do Burela FS-Ponte Ourense, correspondente á 3ª xornada da Primeira División que se celebrará o próximo 24 de setembro.

López Eijo agradece a todos os colectivos que participaron na Semana Europea da Movilidade a súa presencia e o seu traballo e tamén a todos os veciños e veciñas que acudiron a disfrutar das diferentes actividades organizadas ao longo destes días.

Hoxe pola mañá hai ximnasia preventiva para adultos. A partires das 17 horas terá lugar un circuito de accesibilidade con saída da praza da Mariña e ás 18 horas ensaio aberto de baile, música e canto a cargo da asociación cultural Ledicia.

Exit mobile version