Site icon Crónica3.com A Mariña

Ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais que organiza o concello de Ribadeo

Nota de prensa

O VINDEIRO LUNS ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2011/2012, QUE ORGANIZA O CONCELLO DE RIBADEO.

Ribadeo, 16 de setembro de 2011. O vindeiro luns, 19 de setembro, ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais 2011/2012, que organiza o Concello de Ribadeo. Están destinadas a nenos de 5 a 14 anos (cumpridos dentro do período escolar). Segundo explican desde a Concellería de Deportes “no caso das actividades con límite de prazas terán preferencia os nenos empadroados e escolarizados en Ribadeo”. O custe anual para participar en cada escola será de 52,25 euros.

Durante este novo curso haberá natación, fútbol sala, tenis, baloncesto, patinaxe, ximnasia rítmica, fútbol, atletismo, tenis de mesa, kárate e baile deportivo. Ésta última escola é a novidade deste ano. As que teñen límite de prazas son: natación, patinaxe e kárate.

Inicio inscricións luns 19 de setembro ás 09:00 horas
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2011/2012

NATACIÓN: PISCINA MUNICIPAL – Inicio 7 de outubro
Venres pola tarde e sábados pola maña (Tanto Iniciación coma Perfeccionamento)
Límite: 20 iniciación e 20 perfeccionamento
FÚTBOL-SALA: PAVILLÓN NOVO – Inicio 4 de outubro
Nados en 2001, 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006 luns e mércores de 18:00 a 19:00.
Nados en 1999 e 2000 martes e xoves de 19:00 a 20:00
Nados en 1997 e 1998 mércores e venres de 19:00 a 20:00
TENIS: CLUB DE TENIS – Inicio 17 de outubro – Reunión 30 setembro ás 17:30
Luns e mercores entre 17:30 e 19:30
BALONCESTO: PAVILLÓN NOVO – Inicio 4 de outubro
Nados do 2000 ao 2007 martes e xoves de 17:30 ata 18:30.
Nados de xullo de 1997 a decembro de 1999 martes e xoves de 16:00 a 17:30.
PATINAXE: CEIP GREGORIO SANZ– Inicio 4 de outubro
Martes de 17:15 a 18:15 e xoves de 18:00 a 19:00 horas
Límite: 20 Prazas.
XIMNASIA RITMICA: PAVILLÓN FP (PORTA DA AUGA)

Inicio 4 de outubro
Martes e Venres de 17:30 a 18:30 horas.
FÚTBOL: CAMPO DE FÚTBOL – Presentación sábado 17 setembro 12:00 horas.
Nados en 2004, 2005, 2006 e 2007 luns de 18:30 a 20:00 e sábados de 11:30 a 13:00.
Nados en 2003 e 2002 mércores e venres de 19:00 a 20:30
Nados en 2001 e 2000 martes e xoves de 19:00 a 20:30
Nados en 1999 e 1998 luns e xoves de 19:00 a 20:30
ATLETISMO: CEIP GREGORIO SANZ – Inicio 23 de setembro
Venres de 17:30 a 19:30 horas.
TENIS DE MESA: XIMNASIO CEIP GREGORIO SANZ – Inicio 4 de outubro
Martes e venres de 18:15 a 19:15 horas
KARATE: XIMNASIO CEIP GREGORIO SANZ – Inicio 3 de outubro
Prekárate: de 5 a 7 anos: luns e mércores de 18:15 a 19:00 horas
Kárate infantil: de 8 a 12 anos: luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas.
Límite: 25 Prazas por turno.
BAILE DEPORTIVO: PAVILLÓN FP (PORTA DA AUGA)

Inicio 1 de outubro
Sábados de 16:00 a 18:00 horas.

Exit mobile version