A PISCINA MUNICIPAL ABRE HOXE A INSCRICIÓN PARA ASISTIR AOS CURSOS DE NATACIÓN PARA TÓDALAS IDADES
Cervo, 5 de setembro de 2010.- Coincidindo co inicio da temporada de outono-inverno -e ao igual que en anos anteriores- a concellería de Deportes do Concello de Cervo, que dirixe José Ramón Soto, abre dende hoxe o prazo de inscrición da súa oferta de cursos de natación para os usuarios desta infraestrutura deportiva (a única con dimensións olímpicas da provincia).
Os cursos darán comezo a partires do día 19, coincidindo coa reapertura das instalacións e tralo seu período anual de peche por mantemento. Serán impartidos polo persoal da propia piscina nos horarios habituais e abranguerán os seguintes niveis:
Nenos:
Nivel 0
Nivel 0-1
Niveis 1, 2 e 3
Adultos
Así mesmo, a piscina de Lieiro ofrecerá tamén cursiños de natación personalizados (para persoas que están a preparar oposicións ou determinadas probas de natación). Os interesados en participar nalgunha destas actividades poden formalizar a súa inscrición e ampliar información nas instalacións da piscina, en Lieiro (Tfno: 982-594-512), onde se lles informará das condicións das mesmes, así coma dos seus horarios.