Nota de prensa
Aberto o prazo de matrícula para Ciclos Formativos ata o día 12 de setembro de 2011
No I.E.S Perdouro de Burela impartense dous ciclos formativos da rama de electrónica e electricidade: o Ciclo Medio de Instalacións de Telecomunicacións e o Ciclo Superior de Desenvolvemento de Produtos Electrónicos.
O ciclo de Instalacións de Telecomunicacións é un ciclo de recente creación que naceu para dar resposta as necesidades de técnicos especializados por parte das empresas do sector. Os estudios teñen unha duración de dous cursos escolares que inclúen as prácticas en empresas.
O ciclo superior de Desenvolvemneto de Productos Electrónicos está enfocado a aquelas persoas interesadas en coñecer o funcionamento de equipos electrónicos industriales ou en realizar o mantenento de calquera tipo de sistema electrónico.
Así mesmo, permite traballar en todolos campos donde a innovación tecnolóxica esta presente: electrónica naval, procesos robotizados, informatica, maquinas recreativas, internet, ascensores, electromedicina, telecomunicacións, enerxías alternativas.
Ademais desta oferta educativa, impártese o Ciclo Medio de Mecanizado da familia profesional de Fabricación Mecánica que consta de 2000 horas de formación, repartidas en dous anos lectivos. O ciclo de mecanizado que se imparte no IES Perdouro permite acceder ó título de Técnico en Mecanizado e integrarse rapidamente no mundo laboral executando os procesos de mecanizado por arrinque de labra, conformado e procedementos especiais, preparando e programando as máquinas ferramenta, operando con elas e verificando o produto obtido, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
Na comarca da Mariña as opcións profesionais atópanse sobre todo en empresas de fabricación mecánica, de montaxe e mantemento de muíños eólicos e de reparación e construción naval.
Quenes obteñan o título de Técnico Mecanizado poderán exercer de torneiros, fresadores, mandrinadores, rectificadores e preparadores- programadores de máquinas de control numérico. Despois de recibir a formación teórica e práctica no centro educativo, os alumnos terminan de formarse nas compañías colaboradoras por un periodo de 410 horas para tomar contacto coa realidade laboral .