A Xunta prepara un decreto que permitirá a homologación pola AGASP de cursos impartidos por outras entidades
As homologación destes cursos están dirixidas ao persoal integrante dos corpos de policía local, bombeiros, agrupacións de protección civil e demais servizos relacionados coa seguridade e as emerxencias de Galicia
Volver
ReadSpeaker
Santiago, 10 de setembro de 2011.- A Xunta prepara un decreto que regulará as condicións e o procedemento para a homologación de cursos externos á Academia Galega de Seguridade Público (AGASP), realizados por entidades con experiencia e solvencia acreditadas.
As homologación destes cursos están dirixidas ao persoal integrante dos corpos de policía local, bombeiros, agrupacións de protección civil e demais servizos relacionados coa seguridade e as emerxencias de Galicia, garantíndose deste xeito a idoneidade da formación obtida por estes profesionais que velan cada día pola seguridade e benestar de todos os cidadáns, adecuando os requisitos de homologación ás circunstancias e demandas actuais.
A AGASP homologará exclusivamente cursos de formación relacionados con aquelas materias que, segundo o establecido na súa normativa reguladora, lles son propias. Deste xeito, non se homologarán ningunha outra actividade formativa que non sexan cursos. Por outro lado, é destacable a ausencia total de regulación no ámbito da formación de emerxencias e protección civil ata o de agora
Requisitos dos cursos
Segundo recolle o borrador, as entidades interesadas, poderán solicitar a homologación dos cursos que realicen en territorio nacional, sempre que estes reúnan unha serie de requisitos. Así, o contido do curso deberá estar relacionado coas actividades formativas que desenrole a AGASP.
Ademais, o persoal docente deberá contar cunha formación acreditada para impartir os contidos especificados no curso, o final do cal se deberá realizar unha proba ou sistema de avaliación para determinar a aptitude do alumnado, sen que se poidan homologar cursos nos que só se valore a asistencia.
Nesa liña, se o curso para o cal se solicita a homologación coincide con algún curso que forma parte do plan de formación da AGASP, só se homologará se cumpre todos os requisitos sinalados e tamén supón unha mellora substancial do mesmo curso ofertado pola AGASP.