Site icon Crónica3.com A Mariña

A xestión das instalación do porto deportivo de Viveiro otorgada a unha empresa dun “amiguete” do ex director de Portos de Galicia, explica o PSOE

Nota de prensa

ISMAEL REGO DENUNCIA QUE A CONCESIÓN DA XESTIÓN DAS INSTALACIÓNS DO PORTO DE VIVEIRO FOI OTORGADA A UNHA EMPRESA DUN “AMIGUETE” DO EX-DIRECTOR XERAL DE PORTOS DE GALICIA

-O deputado do Grupo Socialista Ismael Rego critica que unha das empresas rexeitadas para a xestión do Porto, xa que non cumpre cos requisitos esixidos, é a mesma empresa que hoxe dirixe a concesión “que lle foi adxudicado a dedo”

-Asegura que a Xunta neste asunto tentou xustificar medias verdades “que non eran verdad”

-Emprazou ao executivo autonómico “a ter mais rigor, e a solucionar os problema dende a vía do dialogo”

-Lembra que o Consello Consultivo de Galicia acaba de dictaminar que “informa desfavorablemente sobre a proposta de resolución de dito expediente, procedendo á declaración de caducidade do procedemento”

Santiago, 29 de setembro de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre a situación do expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada ao Concello de Viveiro para a construcción e explotación das instalacións do seu porto. Denunciou que a tramitación deste expediente “foi pouco gratificante”, e asegurou que antes de rematar o prazo de alegacións as que o Concello tiña dereito “xa estaba otorgada a concesión do Porto a unha empresa privada dun amíguete”, do ex director Xeral de Portos de Galicia.

O deputado socialista dixo que o pasado 28 de maio de 2010 a Presidencia de Portos de Galicia acordou a incoación do expediente de caducidade da concesións administrativa outorgada no seu día ao concello de Viveiro para a construcción e explotación de instalacións nautico-deportivas no porto de Viveiro.

O parlamentario explica que na resolución aprobada utilizábase como base ou xustificación “garantir a prestación dos servicios de interese publico imprescindibles para o funcionamento do porto dentro dos parámetros que esixe a normativa de aplicación, particularmente no que atinxe á normativa tarifaría, de policía e seguridade portuaria e medioambiental”.

Sen melloras

Así as cousas advirte que xa pasou mais de 1 ano dende aprobación da resolución, e tamén de que por parte de Portos de Galicia se adxudicase a dedo a unha empresa privada a súa xestión, sen que se coñeza mellora de ningún tipo.

Ademais lembra que o Consello Consultivo de Galicia acaba de dictaminar que “informa desfavorablemente sobre a proposta de resolución de dito expediente, procedendo á declaración de caducidade do procedemento”.

Respostas claras e precisas

Rego denuncia que unha vez que sacou a concurso a explotación, advirte que tivo un resultado “chamativo”, xa que explica que das 3 ofertas presentadas o concurso foi declarado deserto, sinalando que ningunha das empresas cumprían cos requisitos previstos para xestionar esta instalación. Neste punto o deputado critica que unha das empresas rexeitadas e que non cumpre cos requisitos esixidos, é a mesma empresa que hoxe dirixe a concesión “que lle foi adxudicado a dedo”, espetou. Por iso reclamou “repostas claras e precisas”, insistiu.

Asegura que a Xunta neste asunto tentou xustificar medias verdades “que non eran verdad”. Dixo que o Goberno de Feijoo inventou unha estratexia para retirarlle a concesión ao Concello de Viveiro, co único fin de dar a concesión a un amíguete. Emprazou ao executivo autonómico “a ter mais rigor, e a solucionar os problema dende a vía do dialogo”, resumiu.

Exit mobile version