Site icon Crónica3.com A Mariña

A forza dun pobo

A forza dun pobo

O derradeiro fin de semana do mes de agosto houbo en Foz unha gran participación da xente no desembarco dos Normandos chamada pola organización I Festa Normanda. Todos foron parabéns entre os que fixeron a festa. Uns dicen que foron miles de persoas as que participaron, outros un éxito do pobo de Foz, bares cheos de xente, etc…. Para algúns xa e tarda que veña a próxima.

A os pobos e as persoas trátannos coma demostramos ser, sempre somos vixiados por alguén para saber coma nos van a tratar cando chegue a ocasión. para algunha persoa non lle vai a gustar este escrito pero a verdade que e o que sinto. No noso pobo de Foz gústanos o ANTROIDO, a pandereitada, os chiquitos e, coma non a gaita……pero que facemos a maioría da xente co o tempo do resto dos días, simplemente NADA.

E lastimoso ver nos moitos actos: culturais, concentracións, presentación, que se fan no concello a o largo do ano e ver coma na participación sempre son os mesmos “ catro e a caixa”. ¡NON TEMOS TEMPO!. Nalgúns casos ata hai que avisar a os amigos para que acudan a os actos.

E digo isto porque o primer sábado deste mes de setembro foi o pobo de Foz convocado pola plataforma pola defensa da sanidade e polos partidos políticos PSOE e BNG para seguir na loita do servizo24 ao mesmo tempo loitar para que non nos leven o día 10 de setembro unha das ambulancias do 061. ¿E que pasou?, pois o de sempre que foimos os de sempre “ catro e a caixa”, coma xa dixe ao principio os que vixian xa saben de que pe coxeamos e de seguro que comentan: Non vos preocupedes, non pasa nada de nada, e só un pataleo, logo chega o Nadal, o ANTROIDO e xa se esquencen de todo. Se total xa levan 15 anos reivindicando, e ¿ves que se movan?.

Se e así a realidade pena me da este pobo.

Os pobos necesitamos divertirnos, ter alegría, convivir e disfrutar, pero tamén debemos ter gañas de loitar por uns mellores servizos coma a SANIDADE E A EDUCACIÓN, e sen a participación de todos as batallas nunca as gañaremos.

Un veciño de Foz

Exit mobile version