Nota de prensa
A Deputación fai rendibles as colleitas do millo aforrando custes de produción ós gandeiros da provincia
– José Fernández arranca a programación de cursos gratuítos ós gandeiros que a institución leva á Granxa Gayoso Castro de aquí a final de ano cunha pioneira xornada na provincia para acadar a máxima rendibilidade económica das 15.000 hectáreas de millo existentes en Lugo
– Lograr uns bos resultados nas colleitas deste produto conleva aforros de 238 euros por tonelada de millo ou 0,13 céntimos por litro de leite. A elección do día idóneo para levar a cabo ás colleitas varía o aforre por hectárea de millo entre 200 e 1.000 euros
– 30 profesionais coñeceron sen custe algún a data exacta na que deben levar a cabo as súas colleitas mediante o “laboratorio móbil” e visitaron o campo no que a Deputación estuda variedades de millo para incrementar o aforro nos custes de produción ós gandeiros
O Deputado de Economía Rural e do Mar, José Fernández, deu este martes o pistoletazo de saída a nova programación de cursos gratuítos dirixida ós traballadores da gandeiría e a agricultura para o desenvolvemento e mellora da actividade agrogandeira. Hoxe mesmo, a institución arrancou o primeiro destes obradoiros que, de aquí a final de ano, acollerá a Granxa Gayoso Castro. Tratase da primeira vez que a provincia acolle unha xornadas destas características e coa que a institución busca obter a máxima rendibilidade económicas das 15.000 hectáreas de colleitas de millo que existen en Lugo, aforrando custes de produción ós gandeiros.
Segundo os prezos do mercado, un gandeiro gasta 280 euros na compra directa de 1 tonelada de millo mentres que se o sementa só ten que desenvolsar 42 euros é dicir, aforra un total de 238 euros por tonelada. Asimesmo, para producir 1 litro de leite precísanse 4 quilos de millo. Mercar esta cantidade supón un gasto de 0,28 céntimos por litro de leite. En contraposición, sementalo custa 0,15 céntimos/litro, ou o que é o mesmo, 0,13 céntimo/litro de leite menos.
Tendo en conta o importante aforro nos custes de produción que supón a semente directa do millo, a institución organizou esta pioneira xornada na provincia para acadar a máxima rendibilidade económica das colleitas. Un total de 30 gandeiros participaron na iniciativa coa que o organismo provincial lles amosou cal é o momento óptimo da recollida do millo. Este produto seméntase en maio. As colleitas deben realizarse en setembro, sendo imprescindible a elección do día idóneo para obter uns bos resultados. É que dita selección de data fai variar o aforre por hectárea de millo entre 200 e 1.000 euros.
“Laboratorio móbil”
A Deputación ofreceu sen custe algún ós participantes da xornada coñecer a data exacta na que deben levar a cabo as colleitas para un maior aforro nos custes de produción mediante un “laboratorio móbil”. Trátase dun innovador sistema empregado excepcionalmente en Asturias e Cantabria, que comeza a incorporarse a Galicia e que estrea a Deputación na provincia. Permite os gandeiros avaliar a proporción de amidón e o índice de materia seca co fin último de coñecer o grao de maduración das prantas para realizar as colleitas no momento idóneo. Os 30 gandeiros tiveron a oportunidade de empregar este sistema sen custe algo con ata 5 das súas propias variedades de millo.
A maiores, os participantes coñeceron “in situ” o campo de ensaio que a Deputación habilitou nas instalacións chairegas e onde plantou 2 hectáreas de distintas variedades de millo francés tales como Mas20, Mas25, Ornella, Falkone e Pollen co fin de estudar a súa calidade e a súa rendibilidade económica para un incremento na reducción dos custes de produción na actividade gandeira lucense.
Alternativas agrogandeiras
A última semana de setembro, a Granxa Gayoso Castro celebrará o seguinte curso desta programación gratuíta para traballadores do sector agrogandeiro. Será unha innovadora xornada na que os propios profesionais darán conta da diversificación e das alternativas da actividade gandeira como novas oportunidades económicas para o sector. Xa está confirmada a participación de produtores de leite ou ovos ecolóxicos, plantas aromáticas, gando cabalar, avícola ou melífera.
De aquí a final de ano, as instalacións chairegas acollerán un curso sobre riscos laborais nas explotacións gandeiras, outro de benestar animal e un último de tratamento de residuos para o seu aproveitamento e transformación en enerxía. Dende a posta en marcha desta programación no mes de abril, a institución celebrou outros 3 cursos nos que 100 profesionais lucenses cubriron a totalidades das prazas dispoñibles. Estes foron: Enerxías renovable; agricultura e gandeiría ecolóxica; e transporte de animal vivo, curso homologado que permitiu os seus 35 participantes acadar sen custe algún este permiso.
Centro de recría
A institución segue a executar as obras do 1º centro de recría público en España na Granxa Gayoso Castro. Logo de esperar máis de un ano a que a Xunta concedese a Declaración de Impacto Ambiental (DIA), documento imprescindible, o organismo provincial iniciou en abril a primeira fase deste proxecto para o que aporta 12 millóns de euros en solitario. Malia o aforre de custes ós gandeiros que supón un centro con capacidade para 3.000 novillas, permitindo a súa recría na Comunidade e non fóra, o Executivo galego rexeitou sumarse á iniciativa da Deputación. Nas instalacións chairegas, continúan os movementos de terras das 7 hectáreas –equivalentes a 5 campos de fútbol- nas que se estenderán 13 naves e 370 casetas de recría.