Será o sábado, día 1 de outubro, ás 18 horas, na libraría Ofifoz, na avenida da Mariña 46. Asistirán, Patricia López Izquierdo, asesora de lactancia e presidenta de Bico de Leite e Esther Martínez Bécares, asesora de lactancia e matrona no HULA. O libro conmemorativo recolle unha selección das consultas contestadas por e-mail nos cinco primeiros anos de traxectoria da asociación, clasificadas por temas. O libro pode mercarse en Comercial Auma (librería da Igrexa) de Burela; Ofifoz, Avenida da Mariña 46 de Foz e Trama, Avenida da Coruña 21, de Lugo. A recadación destinarase a actividades de promoción de lactación materna. Asociación lucense pro lactancia materna Bico de leite
