A agrupación folclórica O Arco da Vella, abre o prazo de matrícula para o curso 2011-12, nas modalidades de baile e instrumentos musicais (percusión, gaita e pandeireta). Os interesados poden chamar a Laura: 628.739.224, Kike: 686.156.170. Para programar as distintas actividades do curso, especialmente confeccionar os horarios, tamén se convoca a todos os socios/as a unha reunión que terá lugar o mércores día 21, ás oito da tarde nos colexios vellos de San Miguel.