VODAS DE PRATA
Diremos que poucas persoas do complexo e difícil mundo dos libros crían que a de Foz fose unha feira con futuro: e non faltaba razón a tal presaxio á vista de cómo, pobos de maior entidade que o noso, non foron quen de mantela e cómo, noutros casos, fixérono a trancas e barrancas, faltando anos á cita. Non ocurríu, sen embargo, en Foz que dende o primeiro día ata hoxe non tivo interrupción, o que por outra parte convertiuno no evento cultural mais importante da nosa vila, se atendemos a algúns paràmetros: é o de mais longa duración, pois nengún outro ten acadado os 25 anos de vida; é o que rexistra mais concurrencia, pois a suma das distintas edicións son moitos miles de persoas as que levan pasado por ela e é tamén ó que acudiron mais intelectuais á nosa vila: como pregoeiros, escritores para presentar seus libros e asinalos, conferenciantes, actores, contacontos, etc.
A Feira do Libro deu a Foz nome e prestixo no mundo da cultura.
A edicion que o domingo á noite remataba resultou tamén exitosa; obtivo unha moi boa asistencia de público, nela foron presentados varios libros e publicacións, entre eles o do nª 2 de Bolanda, a magnífica revista que edita A Pomba do Arco, contacontos, mago, actuacións folclóricas. Pechou esta XXVI edición da Feira do Libro a Banda de Música de Foz, que foi moi aplaudida, baixo a dirección de Arcadio Mon.
Facemos votos porque a Feira do Libro de Foz perviva por moitos anos, para maior groria do noso pobo.
Suso Fernàndez