Concerto que os txalapartaris que acompañan a Kepa Junquera ofreceron o sábado pola noite no Eido Dourado. A súa música deleitou ás ducias de persoas que acudiron á velada literaria e musical que alí se desenvolveu. Con anterioridade tivo lugar a presentación da última novela de Miguel Sande, A vida fóra, acto no que interviron o vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo, Antonio Veiga; o actor e dramaturgo, Manuel Lourenzo, que leu algúns extractos da novela de Sande; e o autor do libro que leu dúas poesías sobre malos tratos, que adicou ao traballo realizado na comarca polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.
Velada no Eido Dourado